Conversa:San Xoán do Monte, Vigo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

San Xoán do Monte xa non é parroquia administrativa[editar a fonte]

Bouzas, Coia, San Paio e San Xoan do Monte non son parroquias administrativas do municipio....

Abundando no anterior. San Xoán do Monte e os seus datos de poboación non aparece na páxina do IGE.

Mover páxina[editar a fonte]

Non sei de onde sae este título, pero xa se indicou que non é unha parroquia civil/administrativa, é unha parroquia eclesiástica, ecomo se indica aquí tampouco ten ese nome (acho que é a mesma igrexa, pero o Google street view ten os seus límites): ver A maiores pois tampouco se lista aquí, claramente: ver.Vou agardar un pouco, pero o seu é mover a páxina @HombreDHojalata:.--Maria zaos (conversa) 8 de maio de 2020 ás 18:21 (UTC)[responder]

Efectivamente. O territorio que antes figuraba como "San Xoán do Monte" agora, en [1], cae dentro do territorio da parroquia de Lavadores. Inda que ningún dos veciños demos creto a que por exemplo, a Praza de San Lourenzo ou o Carrefour da Travesía de Vigo pertenza a Lavadores , así é como figura agora. --. HombreDHojalata.conversa 8 de maio de 2020 ás 20:23 (UTC)[responder]