Conversa:San Martiño de Trebello

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Segundo a SXPL é San Martiño de Trebello [1], en mañego o lugar é Martín pero o patrón é Martiñu [2] quizais a utilización de Martín é por castelanismo, o que explicaría a elección de Martiño como a forma galega do topónimo. Mentres non haxa outro tipo de decisión oficial das autoridades lingüísticas competentes penso que debemos seguir a lista que dá a SXPL como fonte autorizada.--RNC 18:00, 29 xullo 2009 (UTC)

Martín non é ningún castelanismo. É unha forma tan galega coma Martiño, a propia dos lugares en que o sufixo -ín é o corrente sobre -iño. Non son poucos os lugares e igrexas na Galiza administrativa que levan o nome de Martín. A indicación da SXPL referida supón unha extralimitación nas súas funcións pois renomea o nome dun lugar desde o occidentocentrismo lingüístico. Intentei renomear o artigo como San Martín de Trebello, como é coñecido na bibliografía galega, pero non fun quen porque xa existe o dito título, que deriva a San Martiño de Trebello. Penso que a redirección debe ser en sentido contrario.--Ogaiago (conversa) 28 de febreiro de 2022 ás 15:36 (UTC)[responder]