Conversa:Ruínas de San Domingos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non teño moi claro cal debe ser o título deste artigo, e gustaríame coñecer a opinión da comunidade. Do convento orixinal non queda máis ca os restos da igrexa. Porén, eu evitaría deixar no título o termo "ruínas", pois hai outros edificios na mesma situación que levan o nome completo do edificio, , como a Igrexa de Santa Mariña Dozo ou a Torre da Lanzada. Amais, fáltalle o indicativo da vila/parroquia que adoitan levar os artigos de construción.

Aínda que o título de "Igrexa de san Domingos de Pontevedra" quizais se axustaría máis aos restos que quedan, propoño "Convento de san Domingos de Pontevedra" ou "Mosteiro de san Domingos de Pontevedra" porque o artigo trata tamén da historia de toda a construción.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de agosto de 2013 ás 02:30 (UTC)[responder]

Teño encargado un libro sobre o Convento de San Domingos que editou o Museo en 1942 e reeditou en 1993. Non sei se de aí haberá material para un artigo sobre o propio convento (e non esquezo a encarga sobre o convento de Santa Clara, pero non dou atopado nada de nada), ou se cabe unir a historia do convento coa da igrexa. Probablemente así será, pero aínda non che sei. Neste momento, coa información que teño, o artigo vai sobre a historia da igrexa e as ruínas actuais (estado e uso museístico), e o convento só se menciona de pasada, polo que, hoxe por hoxe, o título sería máis ben "Igrexa de san Domingos de Pontevedra". Pero non teño problema en que sexa "Convento de san Domingos de Pontevedra", coa condición de que dese libro poida quitar información para ampliar o artigo coa historia do convento (como é previsible); non me gusta o de "Mosteiro..." porque esta figura se aplica a conventos rurais, non ós urbanos coma o noso. Pedro --Lameiro (conversa) 29 de agosto de 2013 ás 22:30 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Ruínas de San Domingos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 31 de agosto de 2018 ás 02:07 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Ruínas de San Domingos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de setembro de 2018 ás 07:12 (UTC)[responder]

O artigo afirmaba que "A colección de escudos heráldicos exposta en San Domingos está formada por 14 labras situadas no exterior, entre os ocos que deixan os contrafortes das capelas; e 49 no interior do recinto". Hai xa moitos anos que se retiraron case todos (supoño que estarán amoreados nos almacéns do museo), quedando expostos agora unicamente 19 escudos. Pedro Lameiro (conversa) 30 de agosto de 2022 ás 10:12 (UTC)[responder]