Conversa:Rhodospingus cruentus

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non seria máis correcto Pimpín.--Alfonso mande 14 de agosto de 2016 ás 07:29 (UTC)[responder]

Pinzón figura no DRAG como forma incorrecta. Semella que non hai recollida ningunha forma galega para este paxaro americano polo que se debería deixar o seu nome científico como título, penso eu.--HacheDous=0 (conversa) 14 de agosto de 2016 ás 09:12 (UTC)[responder]
Efectivamente, non habendo nome galego para este paxaro, temos que usar como título o nome científico. Manter "Pinzón carmesí" sería tanto como aceptar a wikipedia española como referencia. En todo caso, si se fai así, haberá que cambiar *pinzón por pimpín. Pedro --Lameiro (conversa) 14 de agosto de 2016 ás 10:31 (UTC)[responder]

cor *beige?[editar a fonte]

Di o artigo que "as femias son en xeral de cor gris beige". Pero resulta que *beige non nos vale en galego. ¿Como se di *beige? Pedro --Lameiro (conversa) 14 de agosto de 2016 ás 19:41 (UTC)[responder]

O das cores non estaba moi ben, modifiquei ese apartado seguindo unha referencia externa.--HacheDous=0 (conversa) 14 de agosto de 2016 ás 19:51 (UTC)[responder]