Conversa:RNA

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Homónimos[editar a fonte]

Penso que esta páxina de homónimos debería ser RNA (homónimos) e non RNA, porque, con diferenza, RNA é a entrada máis importante entre as homónimas e debería ter redireción directa a ARN. Outras veces pode haber máis discusión, pero neste caso non é comparable o RNA en importancia, coñecemento pola xente ou como termo procurado na wikipedia cos outros homónimos. Se ben RNA é a forma inglesa de ARN, tamén é o símbolo internacional da molécula. En realidade, sendo escrupulosos, RNA sería cientificamente máis correcto que ARN, e moitos editores poderían opinar que é mellor poñer sempre RNA en vez de ARN (e ademais, para os ARNs raros RNA é o único que se usa - ver, por exemplo, as conversas das páxinas MicroARN e snRNA-). --Miguelferig (conversa) 29 de xaneiro de 2016 ás 17:38 (UTC)[responder]