Conversa:Pobo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

contido do artigo e referencias necesarias[editar a fonte]

A cabeceira do artigo vai con enfoque de dicionario (referencia fonte : institucións e coñecementos da lingua). Na enciclopedia é outra cousa e podese pensar que teremos dous artigos co titulo de pobo (quedara a resolver a páxina de homonimos, e por outra banda en certos casos esplicar as diferencias lexicales pode ser útil, pero en ningún caso pode ser obxecto da cabeceira por sí). Collo o alemán como referencia, (sen saber esa lingua pero porque o seu vocabulario é fonte) temos que darlle diferencia a conxunto de persoas dun lugar (o elemento mais importante é un territorio de importancia pequeniña) e conxunto dunha communidade que teñen cousas en común diferentes doutros, e en moitos casos non é o territorio. Cos interwikis que leva o artigo estamos en de:Volk, é dicir todo que vai relacionado coas problematicas pobo/nación, pobo con/ou sen estado etc. etc. Para mín temos que trocar os interwikis ou pór marcadores axeitados. Doulle importancia a isto, porque o concepto de pobo é o suficiente "perigoroso", ten puntos de vista na comunidade cientifica diferentes (criterios dun pobo), ten tamén rexistros varios (institucións, historia etc) e por demais é un concepto mui relacionado con Galicia e penso que polo tanto non podemos deixar as cousas asi. Supoño que non son a única en entender que debemos falalo. Que opinades ? --Elvira (fálame) 21:20, 23 de xaneiro de 2012 (UTC)

Mover a Galizionario[editar a fonte]

Vendo a cantidade de ligazóns que hai cara outras wikipedias, penso que non é realmente necesario movelo cara o Galizionario. --AMPERIO (conversa) 27 de maio de 2016 ás 14:16 (UTC)[responder]