Conversa:Panxoliña

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Segundo a RAG, panxoliña é o único nome deste xénero. Vilancico aparece no Cumio e no Ir Indo, mais non no dicionario da RAG, o principal. Coido que cómpre fusionar vilancico e panxoliña e deixalo soamente con esta última opción, se cadra cunha redirección dende vilancico. Opinións? --Atobar (conversa comigo) 17:11, 11 xullo 2009 (UTC)

  • Hainos que fusionar por seren sinónimos, no DRAG si aparecen as dúas, vilancico e panxoliña, pero como sinónimos, con todo hai que manter o punto de vista de Carlos Villanueva no corpo do artigo mais ten que quedar claro que é a súa opinión--RNC 18:39, 11 xullo 2009 (UTC)
  • Certo, RNC. Pero unha cousa, no catálogo da RAG non aparece. O dicionario en liña está desfasado, dese non se pode un fiar, porque non está actualizado. Onde o viches? Eu non teño dicionario en papel canda min, a non ser un para deles vellos de Galaxia e Xerais, dos noventa. A ver se me quitas da dúbida. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 19:03, 11 xullo 2009 (UTC)
    • No DRAG papel de 1997 sí que aparece vilancico, sin. de panxoliña. No Gran Xerais (2000) tamén, se ben con minúscula. No VOLGa (2004) xa non hai tal entrada. Eu consideraría non válida esta forma. Pedro --Lameiro (conversa) 19:23, 11 xullo 2009 (UTC)
  • No VOLGa non aparece, pero tampouco como entrada incorrecta, que non figure no vocabulario tampouco é concluínte, por moito que estea desfasado un dicionario sempre trae máis entradas. O dicionario Ir Indo trae vilancico e panxoliña e o Cumio tamén, cos datos que temos non podemos dicir que vilancico sexa incorrecto.--RNC 19:38, 11 xullo 2009 (UTC)
    • Outras obras como o Diccionario metodolóxico de análise literaria de Arcadio López-Casanova (2001) ou o Dicionario da literatura galega (2004) tamén empregan a forma vilancico.--RNC 19:44, 11 xullo 2009 (UTC)
    • Non é tanto que estea anticuado ou non, senón de que sempre consideramos o VOLGa como referencia das formas que son válidas ou non. Ademais, cómpre ter en conta que entre aquel DRAG e este VOLGa houbo a revisión das Normas, de modo que este VOLGa de 2004 ten que ser considerado como máis "fiable" ca aquel DRAG. Sei ben que o feito de que unha palabra non estea no VOLGa non significa automaticamente que sexa incorrecta, pero esta prevención habería que aplicala a neoloxismos ou tecnicismos, e non a un concepto de tanta solera como "vilancico". Se esta palabra caeu da edición aquela do VOLGa en fotocopia, por algo será, digo eu. Pedro --Lameiro (conversa) 19:53, 11 xullo 2009 (UTC)
    • ¿E por que asumes que ese "profesor da Universidade de Santiago de Compostela" é Carlos Villanueva? De ser así, cómpre da-lo nome no artigo. Pedro --Lameiro (conversa) 19:58, 11 xullo 2009 (UTC)
  • É o que pon no artigo Vilancico, pensei que estabamos a falar dos dous artigos e asumía que todos leramos os dous.--RNC 20:01, 11 xullo 2009 (UTC)
    • Non lera o artigo vilancico, síntoo. Ben, resumindo, que hai que fusiona-los dous na entrada panxoliña, e incluír, como non, a tese de Villanueva. Pedro --Lameiro (conversa) 20:24, 11 xullo 2009 (UTC)
Concordo --Atobar (conversa comigo) 20:30, 11 xullo 2009 (UTC)
  • Despois de pensalo cheguei á conclusión de que cando haxa discrepancias entre o DRAG e o VOLGA deberiamos considerar a este como máis actualizado, non sei se habería que debatelo na Taberna ou abonda así como criterio de autoridade.--RNC 18:49, 13 xullo 2009 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Panxoliña. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 20 de decembro de 2019 ás 10:29 (UTC)[responder]