Conversa:O tabaco na cultura popular galega

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lévao/llo[editar a fonte]

Ese lévallo dos refráns non será lévao?. Moi correcto gramaticalmente non é. Non digo que non sexa un dialectalismo, pero máis parece un castelanismo ou unha mala tradución. Se lo lleva / lévallo. Algo así. --Atobar (conversa comigo) 23:29, 7 abril 2009 (UTC)

Retiro as miñas palabras. Comprendera a frase mal. Está ben. Nesta frase, por exemplo: O que non fuma nin bebe viño, lévallo o demo por outro camiño. Eu entendéraa como que leva a persoa, pero o que pasa é que o demo llo fornece (o obxecto:tabaco, viño) por outro camiño. Non é que o demo leva a persoa por outro camiño. Parvo de min.--Atobar (conversa comigo) 23:32, 7 abril 2009 (UTC)