Conversa:O camiño segue e segue (canción)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Signo interrogativo inicial[editar a fonte]

Ola, @Breogan2008. Vexo que eliminaches o signo de interrogación inicial nun dos versos. Sei que hoxe en día o correcto é usar só o signo final, pero no libro impreso (que é anterior a esa mudanza normativa) si aparece. Cal é a política da Galipedia nestes casos contraditorios? Manudosde (conversa) 7 de decembro de 2022 ás 20:53 (UTC)[responder]

Boas Manudosde sei que hai unha versión máis actual publicada por Sushi Books do mesmo tradutor. Déixame revisar os textos e ver de que maneira están escritos. O ideal é usarmos a versión consonte coa normativa actual. Un saúdo  Breogan2008 (conversa) 7 de decembro de 2022 ás 21:28 (UTC)[responder]
A tradución que figura no artigo é a da versión revisada e actualizada polo propio Moisés Barcia, publicada por Sushi Books, selo editorial de Rinoceronte Editora, no ano 2018. Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 7 de decembro de 2022 ás 23:39 (UTC)[responder]
As traducións (tamén) teñen copyright. --. HombreDHojalata.conversa 25 de marzo de 2023 ás 10:58 (UTC)[responder]