Conversa:Nesgo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Penso que a forma correcta en galego para referirse a este termo é nesgo non sesgo.

Erro sistemático[editar a fonte]

Eu non sei se tes un coñecimento máis directo do tema, pero igual o termo correcto sería "erro sistemático". Así é como aparece na wiki.pt e noutras como a it. ou en. A min paréceme un termo máis científico "Erro sistemático", que sería a definición do termo español "Sesgo" que a que ti dis de "Nesgo" que aparece definido no diccionario da RAG como "nesgo: Termo que se utiliza na loc. adv. ó nesgo. En sentido oblicuo. Cortar unha peza ó nesgo." --Jonathan Chapela 16:42, 17 decembro 2007 (UTC)

Artigo duplicado[editar a fonte]

Este artigo está duplicado porque existe o artigo Erro sistemático. Os interwikis de Nesgo e Erro sistemático remiten ás mesmas páxinas tanto na .es como na .en. Penso que a denominación máis científica é Erro sistemático e non Sesgo nen Nesgo.--Jonathan Chapela 16:39, 20 decembro 2007 (UTC)

Nesgo vs. Erro sistemático[editar a fonte]

Ambas as formas son sinónimas, e sendo que a RAG non recoñece nesgo, paso a fundir ambos os artigos na entrada Erro sistemático. --AmilGZ (conversa) 9 de decembro de 2014 ás 16:08 (UTC)[responder]

Nesgo na RAG:
Os termo nesgo en 2022 aparece no Dicionario da RAG, e non só como erro sistemático ou estatístico. Redireciono a páxina a Nesgo_(estatística) xa que o artigo comeza situando o termo nese eido, aínda que o bUSCatermos recolle as áreas temáticas de
  • Matemáticas > Estatística
  • Ciencias da saúde e veterinaria > Medicina > Epidemioloxía
Deixo a páxina nesgo para a definición máis xeral. Gasparoff (conversa) 12 de agosto de 2022 ás 22:22 (UTC)[responder]