Conversa:Monte Xalo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O artigo pon que queda na comarca da Mariña, pero máis adiante di que queda en catro concellos e ningún deles semallas das comarcas da Mariña: Comarca da Mariña Central, Comarca da Mariña Occidental, Comarca da Mariña Oriental-- Lmbuga / Conversa comigo  09:51, 19 xaneiro 2010 (UTC)

Toponimia.[editar a fonte]

  • O artigo fai referencia á comarca das Mariñas, e non lle falta razón pero tampouco a ten toda. O monte Xalo atópase na zona coñecida dende sempre como Mariñas Coruñesas, sexa comarca ou sexa o que sexa, aí eu xa non entro. Á súa vez estas Mariñas Coruñesas dividíanse en tempos en Mariñas dos Frades ao oeste do río Mero, e mariñas dos Cregos ao este. A recente división comarcal de Galicia, que veu sendo unha división político-administrativa, só lle deu o nome de Mariñas ás que de sempre se chamaron Mariñas Luguesas, e dividiunas en tres, que son a central, a oriental e a occidental. Si ao localizar o monte Xalo queremos facer referencia á división comarcal oficial, haberá que dicir que se atopa na comarca da Coruña, pero si queremos facer referencia á toponimia tradicional haberá que falar das Mariñas Coruñesas. --Xoacas(Qué me queres, amor?) 21:17, 19 xaneiro 2010 (UTC)