Conversa:Mortos de Nebra

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Mártires de Cans»)

Mártires?[editar a fonte]

Ola, creo que deberiamos mover este artigo a un título máis neutral, como "Mortos de Nebra". Non coñezo moito a historiografía deste evento (só fixen unhas buscas rápidas) e non quería movelo sen que alguén que realmente saiba disto opine. Pero,

  • a denominación "mártir", en xeral, supón un posicionamento que non é moi neutral (e a Wikipedia debería selo), é dicir, presupón que os que foron asasinados eran os bos, e ademais que o seu asasinarto levou a unha culminación ou mellora das súas cualidades morais.
  • hai unha denominación alternativa, é dicir, non estamos inventando nada
  • esa denominación alternativa parece máis frecuente ca o título que temos agora.
  • tampouco aparece referenciado o termo de Mártires, e así é difícil saber realmente cal é o prevalente na historiografía académica.

Tamén é verdade que non son os únicos Mártires, pois tamén temos os de Carral. A denominación de Mártires de Carral tamén é algo complicada, creo, pero dáme a sensación (de novo, sen coñecemento historiográfico suficiente) de que Mártires de Carral é a denominación estándar e común, mentres que neste caso de aquí, os Mártires de Cans son habitualmente chamados os Mortos de Nebra.

Que dicides? --Xabier Cid Talk 2 me, please 15 de marzo de 2018 ás 21:52 (UTC)[responder]

Non recibín resposta sobre este particular. Vou proceder ao traslado. Se alguén non está de acordo, sempre estamos a tempo de revirar a decisión --Xabier Cid Talk 2 me, please 27 de marzo de 2018 ás 09:54 (UTC)[responder]

Xabier Cid, non viches as referencias que achegou HombreDHojalata ó artigo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 09:56 (UTC)[responder]
Ola, Elisardojm, a verdade é que non as vin ata despois de pór a mensaxe. O caso é que si, efectivamente, en prensa e en placas de asociacións e demais, empréganse as dúas denominacións. Non hai unha fonte canónica que se incline unha opción ou a outra. Aparentemente as dúas denominacións son comúns. Pero unha é moito máis neutra, sen faltar á verdade. Creo que o movemento é o máis razoable. --Xabier Cid Talk 2 me, please 27 de marzo de 2018 ás 10:57 (UTC)[responder]
Vale, acabo de buscar en san Google e non atopo que haxa un termo máis usado que o outro, vintepico os dous. Pois que quede así entón. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 11:14 (UTC)[responder]

Xabi. Polos mesmos argumentos, haberá que mudar, tamén, o resto dos artigos que falan dos Mártires de Cans. Non si? --. HombreDHojalata.conversa 27 de marzo de 2018 ás 14:14 (UTC)[responder]