Conversa:Lingua keta

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Primeira gramática[editar a fonte]

Ola, revisando a lig. morta dei con esta referencia que indica que Karger non foi o primeiro que creou unha gramática, senón Mathias Alder Castrén. Esta gramática foi publicada póstumamene por Anton Schiefner:

Georg, Stefan (2007-03-22). A Descriptive Grammar of Ket (Yenisei-Ostyak): Part 1: Introduction, Phonology and Morphology (en inglés). Global Oriental. ISBN 9789004213500. 

Por outra banda as referencias que atopei indican Karger, N. K. en lugar de Karger, A. Maria zaos (conversa) 22 de abril de 2019 ás 20:13 (UTC)[responder]

Supoño que a primeira gramática publicada era o que se refería o artigo--HacheDous=0 (conversa) 22 de abril de 2019 ás 20:19 (UTC)[responder]
Si, claro, pero Shiefner morreu en 1879 e dise que a publicou. Maria zaos (conversa) 22 de abril de 2019 ás 20:25 (UTC)[responder]
Se a publicou en vida entón o dato que figura agora está mal, hai referencias desa publicación para poñela no artigo?--HacheDous=0 (conversa) 22 de abril de 2019 ás 20:26 (UTC)[responder]
Parece que a de Schiefner é unha tradución ao alemán. Á súa morte, entre 1852 e 1858 publicáronse en finlandés as súas obras en cinco tomos pero non sei cal incluía a gramática keta.--HacheDous=0 (conversa) 22 de abril de 2019 ás 20:36 (UTC)[responder]
O meu alemán vai xustiño e sobre todo non teño nin idea desta familia lingüística, pero hai bastante dixitalizado, as ligazóns pódense consultar acó abaixo. Con todo, a primeira referencia que acheguei na conversa xa podería valer como tal. [1]

Maria zaos (conversa) 22 de abril de 2019 ás 20:47 (UTC)[responder]

Pero son moi diversos materiais. Máis ben parece que entre os materiais sobre o keta o que publicou foi un esbozo de gramática, non realmente un libro de gramática, é dicir unha gramática completa do keta; nese caso o dato do artigo estaría ben. Pero tampouco o teño claro.--HacheDous=0 (conversa) 22 de abril de 2019 ás 20:50 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Si a min éme igual, eu é que topei con isto. Por certo, na de.wiki indican que a primeira gramática e o primeiro dicionario de lingua Keta foi o de Castrén (usando a referencia achegada arriba). Saúdos .--Maria zaos (conversa) 22 de abril de 2019 ás 20:56 (UTC)[responder]

Escribiu unha gramática completa: "Apart from his full-scale grammar of Yenisei-Ostyak (Yugh and Ket) and Kott (which has a glossary, but no texts, Castrén 1858), his diaries and letters (published as Castrén 1856) contain numerous pieces of information of great value for Yeniseian linguistics and ethnography". Na páxina 33 da obra de Stefan Georg.--HacheDous=0 (conversa) 22 de abril de 2019 ás 21:02 (UTC)[responder]
Na ligazón a Google books que indicaba ao inicio desta conversa ese extracto (marcado xa na ligazón) corresponde á páxina 35, pero será cousa da edición concreta. Un saúdo. Maria zaos (conversa) 22 de abril de 2019 ás 21:12 (UTC)[responder]
Foi erro meu, xa está corrixido.--HacheDous=0 (conversa) 22 de abril de 2019 ás 21:55 (UTC)[responder]