Conversa:Lavandula angustifolia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

PROBLEMAS DO NOME COMÚN "ESPREGO".

Ao meu ver, é incorrecto empregar "esprego" como nome común para a especie Lavandula angustifolia porque a pesar de que a voz "esprego" estea recollida nun bo número de dicionarios antigos do galego

( Ver Dicionario de Dicionarios: http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=esprego&tipo_busca=lema )

hai que ter en conta que nesas obras figura como equivalente do castelán "espliego", nome xenérico de diferentes especies do xénero Lavandula, como explica Valladares (1884) no seu dicionario:

ESPREGO

(Lavandula). Espliego, voz genérica comprensiva del Cantueso, nombre castellano con que se conocen en Galicia las especies Lavandula stoechas y Lavandula pedunculata plantas de tallo persistente y flores violadas, la segunda de las cuales crece en los pedregales del Cave, Sil y Miño, floreciendo de junio á setiembre y de mayo á junio la primera; el verdadero espliego que se cria en Navarra (Lavandula vera); y la Alhucema (Lavandula spica) que se cria en Aragon y florece en junio y julio; especies todas pertenecientes á la familia de las labiadas de Jussieu."

Non cabe, por tanto, atribuírlle a estas obras lexicográficas a intención de identificalo especificamente coa Lavandula angustifolia ( sin: Lavandula vera ).

Ademais, parecería, por outra parte, estraño que houbese un nome vernáculo galego precisamente para un endemismo mediterráneo como a Lavandula angustifolia, que non crece espontaneamente en Galicia.

É por iso que considero que a páxina debe recuperar como título o nome científico Lavandula angustifolia.

Marcio (conversa) 29 de agosto de 2017 ás 20:45 (UTC)[responder]

Concordo, como se pode ver neste mapa a especie non se dá en Galicia de forma natural [1] polo que é moi difícil que teña unha forma patrimonial. E ademais nas propias notas dise que esas formas son para todo o xénero non para a especie. E non se achega referencia ningunha cun nome galego para a especie.--HacheDous=0 (conversa) 29 de agosto de 2017 ás 21:11 (UTC)[responder]
O dicionario de alimentación si que especificamente lle dá o nome de lavanda á especie, polo que é unha referencia en principio válida, entón si que habería que mover a páxina a lavanda, só que lavanda é para todo o xénero, tal como recolle a DRAG pero se o xénero recibe un nome, unha especie non se pode chamar só lavanda, e lavanda común (o habitual noutros casos cando pasa iso) sería algo absurdo por canto no territorio de lingua galega nin existe. Entón só quedaría a solución de movela ao nome científico.--HacheDous=0 (conversa) 29 de agosto de 2017 ás 21:30 (UTC)[responder]

@Marcio:@HacheDous=0: Feito! Feito! Banjo tell me 30 de agosto de 2017 ás 14:00 (UTC)[responder]

Concordo, pero de todods os xeitos, debería no artigo referenciarse o posíbel nome común da especie. Se algún galego vise a planta non lle chamaria Lavandula, chamaríalle lavanda ou esprego (aínda que este sexa o nome común doutras especies do xénero), polo que debería engadirse. Outro apuntamento, que a especie non medre, ou non sexa natural en Galicia non quere dicir que non poida ter nome galego (como lingua culta que é); de feito, e ao contrario que ocorre en catalán, a parte botánica do DRAG é moi cativa e non referencia moitas especies foráneas que si teñen nome vulgar galego. Pola contra, é verdade que aquí non estamos para inventar nomes. Nachonion (conversa) 31 de agosto de 2017 ás 08:22 (UTC)[responder]
Evidentemente pode non medrar en Galicia e ter nome galego, iso non se dubida. Do que se falaba enriba era de forma patrimonial, unha especie que non medre nunha área lingüística é difícil que teña unha forma patrimonial nesa lingua (non é algo exclusivo do galego), aínda que sempre haberá casos de especies que non se dean nunha zona e aínda así teñan nome patrimonial (usos gastronómicos, comercio...)--HacheDous=0 (conversa) 31 de agosto de 2017 ás 08:51 (UTC)[responder]

A ver que vos parece agora, engadín o nome lavanda xa que hai referencias do seu uso para a especie pero queda indicado que o nome tamén se emprega para todo o xénero.--HacheDous=0 (conversa) 31 de agosto de 2017 ás 09:02 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Lavandula angustifolia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 00:06 (UTC)[responder]