Conversa:Insectívoros

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Hai, efectivamente, mamíferos insectívoros, pero non tódolos insectívoros son mamíferos. Aí tedes aves insectívoras, peixes e as simpáticas arañas, tamén insectívoras. Deste xeito, a entrada "insectívoro" non pode asumir exclusivamente os mamíferos que o sexan, moitos outros animais -non mamíferos- tamén o son.

Por outra banda, dicir que "os insectívoros ... (son insectívoros)" é unha obviedade que debe evitarse.

Pedro. --Lameiro 11:51, 16 xuño 2007 (UTC)

Cambio total do artigo[editar a fonte]

Hoxe en día, en zooloxía, o termo insectívoro utilízase para referirse a un animal que se alimenta basicamente de insectos. É certo que, até hai pouco tempo, existía unha orde denominada en latín Insectivora (insectívoros), hoxe desbotada. As familias integrantes desta antiga orde distribúense na actualidade en cinco novas ordes totalmente independentes, as dos afrosorícidos (Afrosoricida), os escandentios (Scandentia), os erinaceomorfos (Erinaceomorpha), os macroscelideos (Macroscelidea) e os soricomorfos (Soricomorpha).

Isto pode verse nas ligazóns (Commonscat e Wikispecies) que figuran no artigo, e consultado obras de referencia como Mammals Species of the World. Polo tanto, paso a cambiar todo o texto do artigo.--XoioÉche o que hai 25 de setembro de 2015 ás 17:36 (UTC)[responder]