Conversa:Gurgullo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non vexo a necesidade desta páxina de homónimos toda vez que o estramonio non se chama gorgullo senón herba do gorgullo. Así, o único concepto que correspondería á entrada sería o do insecto: é dicir, o que agora temos como gorgullo (insecto), para o que abondaría co nome xenérico do bicho, sen o paréntese. Pedro --Lameiro (conversa) 17:20, 3 febreiro 2010 (UTC)

  • Hai zonas en que só se coñece a planta como "gorgullo", sen o "herba de" diante. Hai tamén testemuños toponímicos como Santalla de Gorgullos ou O Gorgullón. Ademais, no Dicionario de Dicionarios aparece recollido por E. Losada, J. Castro e E. Niño, Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia (1992), e aparece das dúas formas, "gorgullo" a secas e "herba do gorgullo". Aínda, sinala que "herba do gorgullo" pode referirse tanto a Datura stramonium L. (estramonio) como a Hyoscyamus niger L. (meimendro). Polo tanto, si creo conveniente a páxina de desambiguación (in dubita, pro rea... ou? ;-) --Rosamf 18:51, 3 febreiro 2010 (UTC)
    • Pro reo e pra ti. Con eses argumentos calquera rebate nada. Retiro o dito e só podo dicir que o mantemento dos homónimos está agora sobradamente xustificado. Saúdos e a seguir fiando tan fino. Pedro --Lameiro (conversa) 19:15, 3 febreiro 2010 (UTC)