Conversa:Galegos nos Xogos Olímpicos de 2020

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Redacción[editar a fonte]

Penso que habería que modificar a redacción do cabezado do artigo, que comeza "A representación de Galicia nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 estivo composta..." Esta redacción pode dar a entender que Galicia estivo representada nos XXOO e que acadou medallas de seu, cando a realidade é que todos os atletas do artigo representaban a España ao non contar Galicia cun Comité Olímpico independente do español. Creo que o máis axeitado sería comezar o artigo cunha frase similar a "Nos XXOO de Toquio 2020 participaron un total de 21 deportistas galegos como integrantes do equipo olímpico español" (se todos participaron con España, se algún o fixo noutro equipo olímpico se pode poñer ou substituir por "como integrantes de diversos equipos olímpicos" ou algo así). Creo que mudando a redacción o artigo é máis neutro e exacto. Un saúdo, Piquito (conversa) 23 de agosto de 2021 ás 19:44 (UTC)[responder]

Feito! Nonsonninguen (conversa) 24 de agosto de 2021 ás 10:12 (UTC)[responder]
Grazas Nonsonninguen! Piquito (conversa) 24 de agosto de 2021 ás 18:27 (UTC)[responder]