Conversa:Francisco, papa

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Aínda é moi pronto para ter certeza, pero segundo como están dando a nova na Radio Vaticana parece que se vai utilizar oficialmente a forma Francisco I [1], aínda que o fixeron ás présas e alí pon Fracis I, na web en italiano está ben Francesco I [2]--Sernostri (conversa) 13 de marzo de 2013 ás 19:50 (UTC)[responder]

Pois non o deben ter claro aínda, desde que escribín o anterior, eliminaron o Francesco I e deixaron só en Francesco.--Sernostri (conversa) 13 de marzo de 2013 ás 19:57 (UTC)[responder]
Por que se retirou a imaxe?--Sernostri (conversa) 13 de marzo de 2013 ás 21:16 (UTC)[responder]
Xa me dei de conta, borrárona de Commons.--Sernostri (conversa) 13 de marzo de 2013 ás 21:19 (UTC)[responder]

Sen numeral[editar a fonte]

Para evitar dúbidas polo que comentei arriba, xa se sabe que oficialmente non leva numeral:[3]--Sernostri (conversa) 13 de marzo de 2013 ás 22:35 (UTC)[responder]

Relación coa ditadura arxentina[editar a fonte]

Está ben que se diga que foi chamado a declarar pola xustiza pero ten que quedar claro en condición de que (era testemuña, imputado...) e despois cal foi a resolución da xustiza se a houbo, pero o que non entendo é que se redacte o texto como segundo un autor chamárono a declarar (tería que haber múltiples referencias, se só o di o autor dun libro non lle vexo eu moito aquela), quizais sexa cousa da actual redacción pero tal como está non me parece neutral.--Sernostri (conversa) 14 de marzo de 2013 ás 16:31 (UTC)[responder]

A polémica sobre as referencias empregadas pode ter moito percorrido. O que ti consideras sen moito aquel, pode tratarse dunha referencia contrastada e acreditada, de feito, se te pasas polas wikis ES, EN e DE, verás como eles tamén empregan estas mesmas fontes. Ademais, non é unha única referencia, podes comprobar como incluín ligazóns de dous medios de comunicación distintos.
Entendo que a miña redacción é perfectamente neutral porque sempre emprego estruturas hipotéticas e en ningún momento aseguro nada. Insisto, pasando polas demais wikis estas inclúen esta mesma información, mentres que a Galipedia só incluía unha simple descrición da traxectoria de Bergoglio. Cumpría, pois, meterse na lama e resumir aquelas cuestións máis polémicas referidas ao novo papa.
De todos xeitos, estarei encantado de discutir contigo os cambios que consideres precisos, pero o sentido da información considero que é imprescendible para que o lector poida ter unha visión integral da figura de Francisco. --Paradanta (Cóntame) 14 de marzo de 2013 ás 16:43 (UTC)[responder]
Xa que pos exemplos doutras wikipedias (e non sei se son veraces, habería que referencialo), eles din que o chamaron como testemuña, tal como está non se sabe e pódese pensar que o chamaron como imputado ou en calidade de acusado, tamén din que non se presentaron denuncias diante a xustiza, nin houbo imputacións nin hai causas pendentes, eu non o sei pero se é certo tamén hai que rexistralo na redacción, se é así.--Sernostri (conversa) 14 de marzo de 2013 ás 16:51 (UTC)[responder]

Neutralicei toda esa sección. Dende o propio título, que daba a entender que esa relación existira, pasando por explicar exactamente en calidade de que declarou. Acheguei ademais unha fonte de relevancia que ofrece unha visión oposta. Un saúdo --Xabier Cid Talk 2 me, please 15 de marzo de 2013 ás 00:57 (UTC)[responder]

Ademais, é importante sinalar que o que fixo este señor antes de marzo de 2013 non o fixo como papa Francisco senón como Jorge Bergoglio ou como bispo Bergoglio (dende 1992). --Xabier Cid Talk 2 me, please 15 de marzo de 2013 ás 00:59 (UTC)[responder]

Crítica editorial[editar a fonte]

Suprimín por segunda vez un parágrafo deste artigo porque ao meu xuízo ten unha vontade claramente crítica e non neutral. Temos un artigo de media ducia de parágrafos e dedícase un a este feito: o señor Bergoglio, cando fai unha edición das cartas entre a xerarquía eclesiástica (non el) e a cabeza da ditadura militar arxentina, a pesar de que efectivamente dá amplos datos sobre esa colaboración, suprime supostamente unha frase que fai referencia ao marxismo. Este "feito" baséase na única opinión dun xornalista individual, moi marcado politicamente, e carece de contexto. Non se sabe cales foron os criterios de edición, non se sabe se hai notas que explican iso, non se sabe que man fixo ese traballo e non se sabe cal é a razón da edición. É dicir, da diferenza dunha frase entre unha carta orixinal e un libro publicado, derívase unha acusación de implicación de Bergoglio na ditadura militar arxentina. O que é totalmente desproporcionado.

Todos son feitos, pero ao darlle unha hiperrelevancia a feitos puntuais (que ademais se narran de forma épica e descontextualizada) créase unha imaxe que vai contra o punto de vista neutral. Gustaríame manter esta información, pero non é salvable: a cita é tan confusa e caótica (o blog do propio xornalista) que non é de calidade suficiente para obter os datos imprescindibles para o seu mantemento. --Xabier Cid Talk 2 me, please 15 de marzo de 2013 ás 12:13 (UTC)[responder]

Concordo coa actual redacción, expón os datos correctamente de xeito neutral.--Sernostri (conversa) 15 de marzo de 2013 ás 14:49 (UTC)[responder]

Datos e opinións[editar a fonte]

O artigo está cheo de opinións, referenciadas mais opinións, no canto de datos. Ollo tamén cos xuízos de valor (p.e. "xxxx causou malestar nos sectores conservadores católicos"... qué sectores? fontes disto? etc). Penso que é necesario revisalo e reestruturalo para incluír datos no canto de opinións. --Norrin_strange (Fala-me) 22 de xullo de 2013 ás 07:09 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Francisco, papa. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 24 de agosto de 2018 ás 23:26 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xullo 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Francisco, papa. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de xullo de 2019 ás 13:07 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (marzo 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Francisco, papa. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 11 de marzo de 2020 ás 15:32 (UTC)[responder]