Conversa:Forraxe

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non podo estar de acordo con esta páxina (nin co contido nin co que se estruture como homónimos). Forraxe non é o pasto, o penso ou as árbores forraxeiras. O artigo é tradución do homónimo en castelán, pero tamén alí están equivocados. Forraxe é a herba que se dá ó gando, sexa verde ou seca (é dicir, feno), ou conservada en ensilado; a planta do millo é hoxe a materia prima máis común para o ensilado. O penso é o alimento seco: grans moídos normalmente con adición doutros ingredientes (lémbrese a fariña de ósos que deu orixa á enfermidade das vacas tolas). E hai moitos outros alimentos que se poden dar ó gando, como a fariña (que se se dá mesturada con auga chámase levadura ou lavadura), froitos, nabos, patacas, ramallo dalgunhas árbores, pero nunca toman o nome de forraxe. Pedro --Lameiro (conversa) 21:01, 11 de xuño de 2011 (UTC)

  • Definicións segundo o Xerais:
  1. Pasto verde que se lle dá ao gando [especialmente en primavera]
  2. Pasto seco conservado para alimentación do gando, e tamén os cereais destinados a igual uso.

Méteslle man, Pedro? Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:11, 11 de xuño de 2011 (UTC)


Baleiro o artigo para facelo de novo partindo de cero. Deixo o iw á páxina en castelán porque espero que algún día a corrixan pero, ata entón, o contido da forraxe na Galipedia non se corresponde co forraje da es:wiki. Pedro --Lameiro (conversa) 14:00, 24 de setembro de 2011 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Forraxe. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de outubro de 2019 ás 07:07 (UTC)[responder]