Conversa:Florín de Aruba

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Suxiro substituír o nome do artigo por "Florín arubano". O xentilicio de Aruba en galego non pode ter o sufixo -eño como o castelán. Este sufixo resérvase en galego para os xentilicios dos países hispanos de lingua castelá, o que non é o caso de Aruba.

--Marcio (conversa) 24 de decembro de 2013 ás 00:00 (UTC)[responder]

  • É un tema cando menos confuso. Si, certo que hai xentilicios de países de fala española con -eño (salvadoreño ou costarriqueño) pero tamén no propio país: balatareño, veigueño etc. Tes algunha referencia para iso que comentas da exclusividade para países de fala castelá, Marcio? Non o atopo por ningures; e ten en conta que debe ser unha referencia dalgún organismo competente. Até que non estea claro, non creo que debamos modificar nada. A solución que lle vexo é preguntar no ILG ou directamente no correo da RAG. Poida que sexa arubeño ou arubano, eu non sei dicir. Para quen lle interese o tema, e habida conta de que a maioría dos xentilicios son invencións, aquí hai algunhas explicacións: [1]. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 24 de decembro de 2013 ás 11:10 (UTC)[responder]
Vouno pasar a florín de Aruba namentre non haxa resposta da RAG. --Atobar (conversa comigo) 27 de decembro de 2013 ás 11:34 (UTC)[responder]