Conversa:Elisa Díaz

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Data de falecemento[editar a fonte]

A redacción deste artigo está feita de xeito que semella que Elisa Díaz está xa morta. Non o sabemos con certeza, aínda que se estivese viva neste momento contaría 104 anos. Non é imposible, pero semella difícil.

As últimas novas que din atopado dela estaban datadas no ano 2002 (nova en El Universal, de México), e tiña relación ás súas achegas teosóficas. Tamén hai unha revista teosófica publicada en marzo de 2018 que cítaa, porén o que semella que di é que hai un grupo que vai tratar un dos seus libros sobre o tema (revista Teotlsofía, nº 9, páxina 24). Saúdos--Castelao (conversa) 16 de xuño de 2018 ás 16:04 (UTC)[responder]


Hai un expediente xudicial mexicano de data 18 de febreiro de 2014 no que unha tal Elisa Díaz Rivera demanda ás fillas de Elisa e Laureano, María del Pilar e Elisa Victoria Poza Díaz. Se é un erro e realmente a demandante é Elisa Díaz Riva, esta tería cumpridos 100 anos. Saúdos--Castelao (conversa) 16 de xuño de 2018 ás 18:03 (UTC)[responder]
Galipedia non é unha fonte primaria, e segundo ese documento eu considero que é algo afouto dalo por bo, por máis que se lle asemelle, xa que o apelido non é correcto.

Por outra banda, agradécese o traballo que fixeches editando o texto, pero algunha das referencias que achegas tamén teñen problemas, como a número 11. En que parte dese número aparece Elisa? e que eu non atopo nada que fale dela nese documento. Foi un erro e estará noutro número?

Xa o atopei, perdoa. Estaría ben que puxeses que está na páxina 23.
En canto a parafrasear algo que claramente ten dereitos de autor e sobre todo deixando frases tan fundamentadas como "desempeñou cargos importantes" que xa non estaban fundamentadas nin na tese orixinal non debería ser unha metodoloxía aceptable segundo o meu entender. Mágoa do traballo, si, ben sei o traballo que supón matarse a buscar referencias e aínda así considero que debe ser borrada. Pero é a miña opinión.--Maria zaos (conversa) 17 de xuño de 2018 ás 11:34 (UTC)[responder]
Mentres no teñamos fonte de data de falecemento eu cambio a declaración da introdución a tempo presente. Maria zaos (conversa) 9 de xullo de 2018 ás 11:47 (UTC)[responder]