Conversa:Condrocito

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Puxen como nome do artigo condrocito, que creo é o mellor, pero non faltan dicionarios prestixiosos que dicen (ou dicían?) condrócito, osteócito, etc. (non sei se debidamente actualizados), polo que incluín tamén condrócito. Se algunha non é correcta haberá que eliminala. Na galipedia só atopei ligazóns con condrocito noutras páxinas. Ver o artigo acento prosódico, que dá unha referencia de 2004.Miguelferig 18:28, 26 de novembro de 2011 (UTC)

  • As referencias que eu atopo son condrocito. No Diccionario de termos médicos (2002): condrocito s.m. Célula cartilaxinosa, célula de tecido conxuntivo que ocupa unha lagoa dentro da matriz cartilaxinosa. No Vocabulario de medicina (2008) e no Vocabulario de veterinaria (2008), ambos do SNL da Universidade de Santiago, tamén é condrocito. O dicionario da RAG (nin o actual nin o futuro) recollen condrocito, claro que tampouco condrócito. Agora ben, no Gran Xerais só vén condrócito. Con estas referencias, fixeches ben en poñer o artigo principal como condrocito, e crear a redirección desde condrócito. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:08, 26 de novembro de 2011 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Condrocito. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de agosto de 2018 ás 01:24 (UTC)[responder]