Conversa:Cinema de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Pese ó que dis sobre a TVG (que non deixa de ser certo), coido que sería necesario indicar o papel que desempeñou a TVG no financiamento da producción cinematográfica. Por un lado, os dereitos de antena (tanto da TVG coma da FORTA) aínda que escasos abriron unha vía de financiamento. Ademais a TVG mantén unha liña financeira de apoio á produción cinematográfica en galego que nos últimos anos, xunto con outras vía de coprodución, permitiu fornecer os investimentos necesarios para a realización cinematográfica.

O parágrafo ó que me refiro é:

"A importancia da ficción en televisión pode apreciarse polo desenvolvemento económico que adquiren algunhas das empresas de producción a través de series. Desgracidamente puxanza económica no significa que a produción reflicta unha liña de creación hacia un cine (ou neste caso audiovisual) propio de Galicia, frecuentemente -como ocorre na maioría das televisións comerciais do mundo- prodúcense producos estereotipados, que fuxen de calquer tipo de aspecto incorrecto, e seguen un modelo intercambiable a calqueira sitio do mundo."

  • Cine Galego e Audiovisual Galego mesturanse na historia das imaxes feitas en Galicia. O enfoque da reseña vai na liña de salientar a evolución dos esforzos por crear obras que poidan chamarse "galegas". O parágrafo que citas incide nun problema habitual da producción na televisión mundial (non é exclusivo de Galicia) resulta difícil fuxir dos modelos estandarizados que con frecuencia "valeiran" de contidos orixinais e diferenciadores aos programas.
O matiz que introduces ten que ver co desenvolvemento empresarial do sector. Na miña opinión tería que estar maioritariamente noutra páxina que se chame Sector Audiovisual Galego ou Audiovisual Galego, prefiro a primeira opción porque o segundo título pode confundirse co nome da categoría na que están incluidos todos estes artigos. Saúdos. --Prevert 18:54, 13 Oct 2004 (UTC)

Formato do artigo[editar a fonte]

Sería bo que alguén que saiba do tema se poña a refacer este artigo. Pode ser interesante telo na Galipedia. Coido que é de moito interese. --Atobar (conversa comigo) 16:07, 4 setembro 2009 (UTC)

Unión de artigos[editar a fonte]

Penso que sería lóxico fusionar este artigo con Historia do cinema de Galicia. Non ten sentido ter dous artigos tan similares. Santa Companha (conversa) 21 de abril de 2024 ás 09:42 (UTC)[responder]