Conversa:Chan da Arquiña

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Unha pregunta, non sería "do Chan da Arquiña" e non "da Chan da Arquiña"? En principio "chan" é un substantivo masculino, polo tanto non tería que ser "do"?--Victortpr (conversa) 10 de agosto de 2015 ás 19:42 (UTC)[responder]

Para evitar que se confunda "do" con "do<de + o" eu optaría por poñer "de Chan da Arquiña", ti que dis Victortpr. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de agosto de 2015 ás 00:05 (UTC)[responder]

Vale, paréceme correcto. Saúdos. --Victortpr (conversa) 16 de agosto de 2015 ás 10:00 (UTC)[responder]


Ola a ambos. Agradezo moito a vosa opinión, Victortpr e Elisardojm, pero a miña difire un pouco, sen ser experto en absoluto en cuestións lingüísticas. "O chan" (masculino) é unha cousa e "a chan" é outra. O chan creo que ven sendo o nome xenérico de algo que creo tamén se pode dicir "solo". "A chan" viría a ser un termo paisaxístico-xeográfico, que alude a unha chaira. Hai moitos topónimos pola Galiza adiante dese estilo ("A Chan, por exemplo, no concello das Neves), de maneira que creo sería unha denominación válida. Non sei como é o topónimo popular nesa zona do Morrazo, pero tanto podería ser "a chan" como "o chan". É certo que a segunda maneira é a que se vai impoñendo na fala actual. Por outra banda, persoalmente son partidario de manter o artigo que precede a certos topónimos, porque é algo moi característico da toponimia galega e estase a perder pouco a pouco. Creo que o mellor é poñer "da Coruña" e non "de Coruña". Tampouco me gusta moito "de A Coruña", porque implica separar a escrita da fala aínda máis do que xa está. Como vedes, estas son só apreciacións subxectivas persoais da miña colleita, non normas lingüísticas, así que non toco o texto. Simplemente era por compartir opinións. Apertas!--79.152.61.19 2 de setembro de 2015 ás 19:30 (UTC) Asino co meu usuario, que antes non estaba conectado --AArizaga (conversa) 2 de setembro de 2015 ás 19:32 (UTC)[responder]

Estiven investigando na rede e atopei páxinas en galego cos seguintes nomes: "Dolmen de Chan da Arquiña", "Dolmen do Chan de Arquiña", mais non "Dolmen da Chan da Arquiña". Igualmente se alguén atopa a variante feminina do nome avisádeme. Déixovos as ligazóns: http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=11070 http://patrimoniogalego.net/index.php/5946/2011/09/chan-da-arquina/ Saúdos. --Victortpr (conversa) 2 de setembro de 2015 ás 19:56 (UTC)[responder]

AArizaga, polo momento non hai referencias de que o topónimo teña artigo nin referencias de que sexa "A Chan", se aparecen entón será axeitado poñer "Dolmen da Chan da Arquiña" porque creo que é unha recomendación da RAG, aínda que non dou atopado a referencia a isto, e tamén é unha recomendación no libro de estilo do DOG. SaElisardojm (conversa) 3 de setembro de 2015 ás 00:35 (UTC)údos,[responder]