Conversa:Castro de San Cibrao de Las

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Castro máis grande[editar a fonte]

Polo que ando lendo, o castro mais grande é o de Santa Tegra, con 20 ha mais ou menos, e este só tendria 10 ha. Tamen vin isto na lista dos castros. Ando dubidando, por que contaba pór na wiki francesa est lista de castros. Voi tratar de atopar as miñas fontes para aclarar as cousas se é posible. Elvire 19:12, 11 agosto 2007 (UTC)

Ola, non posúo datos específicos da superficie de Santa Tegra, sí de Lás 9,5 Ha, a fonte é a mesma que a do artigo (ano 92). No libro de referencia compara a Lás coas Citanías portuguesas de Briteiros, Sanfins, Mozinho e cidades romanas como Conimbriga ou Brácara Augusta pero no co de Santa Tegra, Calo Lourido na súa obra A Cultura Castrexa, cando fala das dimensións dos castros volve facer o mesmo ao esquecer Santa Tegra e comparar Lás cos modelos portugueses, falando de 8,84 Ha para Lás. Son escasas as publicacións divulgativas sobre estes xacementos, así como a publicación das memorias de escavación polo que para os afeizoados a estes temas é difícil atopar información fiable. Na maioría do que recordo ter lido sempre falan de un dos máis grandes para ambos sen facer unha diferenciación entre todos eles.

De Santa Tegra non dispoño de documentación pero podemos tratar de comparalos cos 300 metros de ancho e 700 de largo do recinto amurallado de Santa Tegra (seguindo a páxina web do Museo de Santa Tegra [1]) cos 294x420 de Lás. Nese aspecto poderíamos pensar na maior dimensión de Santa Tegra, pero no caso deste castro a súa tipoloxía e outros datos, fan dubidar aos estudosos sobre as dimensións concretas, os periodos de ocupación de cada un dos "poboados" ou barrios nos que o dividiron para o seu estudo, e outros aspectos. Interesariame moito saber a fonte da que obtiveches o dato das 20 Ha xa que aos poucos temos que ir xuntando a información.

A miña falla de documentación, xunto co feito de que a obra que estou a usar como referencia non fixera referencia a Santa Tegra fixome cometer o erro de facer unha afirmación absoluta a falla dos datos necesarios, polo que cambiarei a frase para falar dun dos castros de Galicia en escavación de maiores dimensións. Grazas pola correción.

Eu pola miña parte non posúo os coñecementos suficientes para facer unha ordeación por dimensións dos castros galegos, pero tentarei buscar maior documentación, pero creo que o maior problema é a falla de obras de síntese da Cultura Castrexa, (a de Cuevillas segue a ser unha das mellores referencias) e tamén a falla de máis estudos arqueolóxicos e de publicación ou divulgación dos mesmos. Lansbricae (Ti dirás) 12:44, 13 agosto 2007 (UTC)

Ola ! éme dificil falar galego. Agradézoche moito as túas tres respostas, e sento non poder responder con moita anchura. Haber o mais importante e perdoa que sexa tan directa. Estou buscando os libros de castros que comprei este verán e xa vou por os informes eiqui. Saúdo muy cordial Elvire 14:44, 13 agosto 2007 (UTC)

Imaxes Eiras e San Trocado[editar a fonte]

Acabo de subir outra vez imaxes da ara de Eiras con interpretación e sen ela. O artigo necesita algún arregliño, pero non son capaz delo. A ver se alguén (estou pensando en Lansbrigae) o amaña. Saúdos e boas festas.--Lanobriga 15:12, 24 decembro 2007 (UTC)

  • Penso que este artigo merece a honra de ser artigo de calidade. Botádelle unha ollada, e se gusta, espero que alguén o propoña. Parabéns para todos os editores, sobre todo para o Lansbricae por traballar tanto nel. --Xoán Carlos Fraga 15:15, 20 marzo 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Castro de San Cibrao de Las. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de agosto de 2018 ás 19:56 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Castro de San Cibrao de Las. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 16:45 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xullo 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Castro de San Cibrao de Las. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de xullo de 2019 ás 01:20 (UTC)[responder]