Conversa:Castros de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Polo que ando lendo, o Castro de San Cibrán de Lás non e o mais grande, mais grande é o de Santa Tegra, con 20 ha mais ou menos, e este só tendria 10 ha. Ando dubidando, porque xa puxen na wiki francesa est lista de castros. Voi tratar de atopar as miñas fontes para aclarar as cousas se é posible. Elvire 20:18, 11 agosto 2007 (UTC)


Ola, non posúo datos específicos da superficie de Santa Tegra, sí de Lás 9,5 Ha, a fonte é a mesma que a do artigo (ano 92). No libro de referencia compara a Lás coas Citanías portuguesas de Briteiros, Sanfins, Mozinho e cidades romanas como Conimbriga ou Brácara Augusta pero no co de Santa Tegra, Calo Lourido na súa obra A Cultura Castrexa, cando fala das dimensións dos castros volve facer o mesmo ao esquecer Santa Tegra e comparar Lás cos modelos portugueses, falando de 8,84 Ha para Lás. Son escasas as publicacións divulgativas sobre estes xacementos, así como a publicación das memorias de escavación polo que para os afeizoados a estes temas é difícil atopar información fiable. Na maioría do que recordo ter lido sempre falan de un dos máis grandes para ambos sen facer unha diferenciación entre todos eles.

De Santa Tegra non dispoño de documentación pero podemos tratar de comparalos cos 300 metros de ancho e 700 de largo do recinto amurallado de Santa Tegra (seguindo a páxina web do Museo de Santa Tegra [1]) cos 294x420 de Lás. Nese aspecto poderíamos pensar na maior dimensión de Santa Tegra, pero no caso deste castro a súa tipoloxía e outros datos, fan dubidar aos estudosos sobre as dimensións concretas, os periodos de ocupación de cada un dos "poboados" ou barrios nos que o dividiron para o seu estudo, e outros aspectos. Interesariame moito saber a fonte da que obtiveches o dato das 20 Ha xa que aos poucos temos que ir xuntando a información.

A miña falla de documentación, xunto co feito de que a obra que estou a usar como referencia non fixera referencia a Santa Tegra fixome cometer o erro de facer unha afirmación absoluta a falla dos datos necesarios, polo que cambiarei a frase para falar dun dos castros de Galicia en escavación de maiores dimensións. Grazas pola correción.

Eu pola miña parte non posúo os coñecementos suficientes para facer unha ordeación por dimensións dos castros galegos, pero tentarei buscar maior documentación, pero creo que o maior problema é a falla de obras de síntese da Cultura Castrexa, (a de Cuevillas segue a ser unha das mellores referencias) e tamén a falla de máis estudos arqueolóxicos e de publicación ou divulgación dos mesmos. Lansbricae (Ti dirás) 12:46, 13 agosto 2007 (UTC)

Ola ! éme dificil falar galego. Agradézoche moito as túas tres respostas, e sento non poder responder con moita anchura. Haber o mais importante e perdoa que sexa tan directa. Estou buscando os libros de castros que comprei este verán e xa veño eiqui por os informes. Saúdo muy cordialElvire 14:39, 13 agosto 2007 (UTC)

Tamaño de alguns castros[editar a fonte]

  • A cultura castrexa de Francisco Calo Lourido Edicions A NOSA TERRA 1997 ISBN : 84-891138-71-0, paxina 85 :
"Baroña : 2,26 HA / Sanfins : 15 Ha / Monte Mozinho : 20 Ha / San Cibrán de Las : 8,84 Ha / Seixas : 0,04 Ha. Solo se responsabiliza na medida do castro de Baróña."
  • Os castros galegos de Xulio Carballo Arceo A NOSSA TERRA 2000 ISBN : 84-95350-63-7, paxina 52 :
"Santa Tegra : case 20 ha / Sanfins en torno a 15 ha / San Cibran de Las perto de 10 ha / Monte Mozinho ou mesmo Briteiros maís de 4 ha" .
  • Arqueoloxía de Galicia - itinerarios polo pasado de Xulio Carballo Arceo NIGRATREA 2006 ISBN : 84-95364-40-9
páxina 51, relativo ao castro de Elviña di que no seu conxunto supera as 3 ha.
páxina 86 , relativo ao castro de Baroña di que non chega os 2 ha, ma&is que o seu tamaño era sin dubida superior, unha parte foi xa destruida polos embates do mar.
paxina 200, relativo ao castro de Santa Trega di que son ma&is de 20 ha, sabendo ca extension ainda non esta delimitada con exactitude.
páxina 208, relativo ao castro de San Cibran de Las di que chega a 10 ha dentro de murallas e seria o segundo castro de Galicia por dimensions.
Ao meu paréceme que polo que esta aclarado polo momento é que Santa Tecla é o mais grande e San Cibran o segundo en Galicia pola superficie como castros. Un saúdo cordial Elvire 15:38, 13 agosto 2007 (UTC)

A min chégame como referencias, pero debemos ter en conta que só un único autor atrévese a dar unha superficie de Santa Tegra, o resto evítano. Tamén puntualizar que o dato que da de Briteiros é totalmente erróneo xa que é un dos castros mais monumentais e mellor estudados é a obra de Mário Cardozo (Citania de Briteiros e Castro de Sabroso ISBN 95424-5-7 ) dalle unhas dimensións de 250 metros x 150 e o Castrenor [2] da a Mozinho 20 Ha e 24 a Briteiros. Tampouco coincide no caso de Las (ainda que a diferencia sexa pouca) coas dimensións dadas polos responsables das escavacións dos anos 80 e principios dos noventa.

Insisto en que falar dunhas dimensións para o Castro de Santa Tegra é moi arriscado xa que incluso algúns autores falan da existencia de dous poboados con datas de ocupación non coincidintes. O que semella demostrado fora de toda dúbida é que o xacemento arqueolóxico de Tegra é maior pero nel téñense atopado restos de época visigoda (periodos de ocupación que superan a etapa castrexa), non se ten delimitado o sistema defensivo exterior na súa totalidade e os sistemas de escavación que foron utilizados impiden dar unha imaxe global do castro (a diferencia de Las).

Outra curiosidade é que a obra Xacementos arqueolóxicos de Galicia ISBN 84-8302-484-5 non da dimensións concretas para ningún dos dous, pero no caso de Las fala de "inmenso xacemento" e no caso de Tegra fala das deficiencias dos estudios realizados, pero isto tampouco é un dato moi a ter en conta por tratarse dunha obra de divulgación xeral que non entra a valorar os mesmos aspectos en todos os xacementos

Creo que o que podería aclarar definitivamente o asunto sería a posible existencia dunha planimetría de Santa Tegra feita polos responsables das escavacións (do Museo de Pontevedra) feitas a partir dos anos oitenta.

Tamén temos que deixar claro que estamos a falar de castros parcialmente escavados e que a gran maioría dos castros galegos non foron obxecto de estudo. Outro tema aparte sería a diferenciación ou non entre castros e citanías, pero semella que esta polémica nos últimos tempos foi perdendo forza...

Por todo isto, cos datos a man semella o máis razoable dar Santa Tegra como o de maiores dimensións, pero persoalmente opino que esta clasficación na actualidade non é moi útil ao non se poder basear en datos científicamente comprobables polo que non deberiamos ser moi taxantes nas nosas afirmacións (como errei eu iniciando o artigo de Las). Grazas e un cordial saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 20:04, 13 agosto 2007 (UTC)

Orde alfabética[editar a fonte]

Dáme a impresión de que a lista de castros sería un pouco máis práctica para ler e para traballar nela se estivera ordenada alfabeticamente polo nome dos concellos en vez de polo nome dos castros. Así poderíase ver cantos castros hai en cada concello e faríase máis doado atopar posibles duplicacións, xa que é frecuente que un castro teña máis dun nome. Que vos parece a idea? Saúdos.--Caronium 17:01, 25 novembro 2007 (UTC)

  • Poñendolle á táboa un parámetro aparecen uns botóns na cabeceira que permiten escoller ordear alfabéticamente según están, é dicir, por nome do castro, ou tamén permiten escoller ordear por concello ou por calqueira dos outros campos. Para poñelo hai que sustituír o template {{Táboabonita}} por class="sortable wikitable" en cada táboa. --Banjo tell me 17:08, 25 novembro 2007 (UTC)
Concordo con Caronium no 100 por 100. Non estou segura de comprender a solucion de Banjo.ElviraConversa con mi 19:11, 25 novembro 2007 (UTC)
A solución de Banjo é mellor. Explícase aquí e ten máis aplicacións. A ver se Banjo o pode facer nos próximos días... --Xosé (✉) 19:18, 25 novembro 2007 (UTC)
  • Podo, non é moi complicado. Antes do fin do día está feito, prométoo :) --Banjo tell me 19:24, 25 novembro 2007 (UTC)
Muitisimas gracias, saco enseguida a proba que estaba facendo copiando da lista fr:Liste d'écrivains espagnols, e que non me sale ben, porque non comprendo nada. Solo vexo ca orde alfabética é util pos que traballan no artigo, pero tamen po lector. Ainde que se espere un mes sempre sera unha muy boa cousa.ElviraConversa con mi 19:26, 25 novembro 2007 (UTC)
  • Estupendo, ben feito! --Xosé (✉) 19:35, 25 novembro 2007 (UTC)
  • Non era moi complicado :D. Hai que revisar a táboa da Coruña, que ten unha columna que sobra. Non din localizado onde está o fallo, pero tentarei revisala máis a fondo a ver se a dou amañado. :D --Banjo tell me 19:38, 25 novembro 2007 (UTC)
Un encanto Banjo ! Eso da quinta coluna xa se sabe que non e de verdade (lol). Na pantalla vexo ben a direita a qunita coluna e logo pa editar non che vexo diferencia con Lugo. Certo que non é problema pa min ! ElviraConversa con mi 20:17, 25 novembro 2007 (UTC)
Fantástico, Banjo!--Caronium 20:31, 25 novembro 2007 (UTC)

Numerar os castros[editar a fonte]

Ola! Con ledicia vexo que cada vez a lista dos castros é moito máis grosa e comezo a pensar que dividilos por provincias empeza a ser moi xenérico... penso que cicais é momento de buscar unha orde máis específica (ao mellor, en provincias e concellos...) e gustaríame perguntar (para os que saibades) como podemos facer para poder telos todos numerados, e así saber cantos castros temos arquivados nese momento. Unha aperta. --Krisko 16:55, 30 abril 2009 (UTC)

  • Deixo aquí unha nota dun castro que non aparece na lista. Encontrei esta información:

Na capela de San Caetano de Celeiro de Mariñaos, construída no século XVII e situada a uns cen metros dun importante xacemento castreño de orixe celta

en [3], un castro que estaría no concello de Barreiros. --Xoán Carlos Fraga 00:29, 26 marzo 2010 (UTC)

Inventario[editar a fonte]

A dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura mantén (ou debería) un Catálogo do Patrimonio de Galicia. Neste catálogo figuran, entre outros elementos, os xacementos arqueolóxicos identificados, e entre eles os de tipo castrexo. Para cada elemento do catálogo hai un identificados alfanumérico único, que permite recoñecer o elemento catalogado sen posibilidade de erro, algo moi útil cando se pode atopar máis dun castro co mesmo nome, incluso dentro do mesmo concello. Creo que sería boa idea incorporar ás táboas unha columna na que se puidesen facer constar estes identificadores, pero prefiro consultar a idea coa comunidade antes de poñela en práctica. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:18, 21 de xaneiro de 2011 (UTC)