Conversa:Cartemil, Nogueira de Miño, Chantada

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Saúde aos autores desta información sobre Cartemil. O que escribe é un dos habitantes actuais deste lugar da parroquia de NOgueira. Non sei cales foron as fontes que empregástedes para este artigo, pero gustaríame aclarar alguns datos. Actuamente somos cinco os habitantes de Cartemil, os catro que somos de familia, miña muller, dous nenos e máis eu. Estamos vivindo na casa que restauramos dende hai seis anos. O outro veciño de setenta e pico anos leva arredor de 30 anos vivindo só na outra casa habitada e habitable do lugar. A 200 metros está o lugar de Goimil, onde si viven catro matrimonios, agás un que rondará a cincuentena os outros pasan dos 70 anos. --217.11.122.179 11 de novembro de 2014 ás 18:02 (UTC) Ramón Failde Delgado[responder]

Usuario:217.11.122.179, os datos de poboación foron tomados do Instituto Galego de Estatística. A 1 de xaneiro de 2013 daba 3 persoas censadas en Cartemil (2 homes e unha muller) e 11 en Goimil (4 homes e 7 mulleres). Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de novembro de 2014 ás 21:48 (UTC)[responder]