Conversa:Camiño Inglés

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Costa e Santiago[editar a fonte]

Creo que este artigo precisa un repaso porque da a entender que entre a costa (Coruña-Ferrol) e Santiago non hai "nada" e son 80 km de camiño! O que quero dicir é que o único patrimonio que se cita é o que se atopa na costa ou o de Santiago, pero entre eses dous lugares hai moitos concellos que atravesar e que tamén teñen patrimonio importante a carón do camiño. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de setembro de 2017 ás 07:52 (UTC)[responder]

De acordo, e aínda máis. Isto non é unha guía turística quw recolla os monumentos salientables de Ferrol, de Betanzos ou de Coruña (que para iso xa temos os artigos correspondentes). Debe cinguirse á ruta xacobea e, iso si, ó que se pode ver ó longo da ruta. É dicir, ten sentido citar a igrexa de Santiago, na Coruña, como significativa no Camiño Inglés, pero non a torre de Hércules ou o Aquarium, ou o Parque do Pasatempo de Betanzos, que nada teñen que ver co Camiño. Hai moito que borrar e moito que engadir neste artigo. Pedro --Lameiro (conversa) 4 de outubro de 2017 ás 15:19 (UTC)[responder]

Mi madriña o que hai que podar!! Buff, haberá que ir indo ós poucos porque isto é moito... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de outubro de 2017 ás 22:14 (UTC)[responder]
Ala!, Lameiro, cortei polo san, quitei toda a sección de patrimonio porque non había por onde collela e as imaxes da galería que non estaban directamente no camiño. Agora haberá que ir achegando contidos correctos... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de outubro de 2017 ás 08:41 (UTC)[responder]

Mapas dos concellos[editar a fonte]

Engadín unha ligazón á Xunta que ten tódolos mapas do Camiño, pero agora acabo de darme conta que as ligazóns non funcionan. Xa lles mandei un correo para ver se as amañan. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de outubro de 2017 ás 08:35 (UTC)[responder]