Conversa:Biblioteca virtual

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Boas, non estou moi de acordo coa redirección e os termos destas páxinas (virtual/dixital). É máis ben unha cuestión de paso do tempo e cambios nos termos. Podo aceptar esta definición de biblioteca virtual, pero entón non é moi coherente coas ligazóns externas de bibliotecas virtuais. A biblioteca virtual Cervantes ou a galega son bibliotecas puramente dixitais, nacidas dixitais para entendernos. En cambio bibliotecas que teñen parte dos seus servizos físicos e parte telemáticos (solicitude de reprodución, por exemplo), contidos físicos e máis dixitais, son biblioteca híbridas ou en todo caso xa se lles pode chamar bibliotecas e punto porque xa non hai case ningunha en Galiza que non estea no mapa e non teña algún servizo ademáis do catálogo (ás veces colectivo) dispoñible por internet. Bueno, moito rollo, que me gustaría crear entradas a bibliotecas puramente dixitais, pero como son novata e non entendo como se manexan os homónimos, pois aquí o deixo.Maria zaos (conversa) 6 de marzo de 2018 ás 20:29 (UTC)[responder]

@Maria zaos: edita sen medo en Biblioteca dixital (aquí), mudando a redirección polo contido que queiras achegar. --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de marzo de 2018 ás 20:44 (UTC)[responder]