Conversa:Bella ciao

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

¿Chao non é unha palabra recoñecida en galego? ¿E bela?

Untitled[editar a fonte]

  • Pero en italiano e en galego significan cousas diferentes no caso de chao e en bela tamén hai que ter en conta o contexto á hora de traducir, ademais en especial na poesía as traducións son difíciles e non se poden facer palabra por palabra.--Arco de Rayne 20:00, 1 xuño 2008 (UTC)
  • O que eu respondera era pouco máis ou menos có que dixo Arco de Rayne. Chao é un rexistro coloquial, e ciao non. Nin sequera significa unicamente adeus, pero as demais traducións parecen inclinarse máis polo adeus ca polo ola, supoño que porque a significación xeral é de despedida, de cantiga de "vou prá guerra". Bela existe unicamente en contextos superliterarios. De feito, iso da "bela flor" debería ser "fermosa flor", pero se lle engadimos unha sílaba máis rompe moito. Dende logo non é aplicábel a persoas, como si o é o bella italiano. --Xabier Cid Conversa 20:04, 1 xuño 2008 (UTC)
  • Do mesmo xeito, aínda que o "débesme sepultar" é gramaticalmente correcto, non é idiomático nese contexto. --Xabier Cid Conversa 20:07, 1 xuño 2008 (UTC)
  • Enton tal vez un debesme de sepultar? asi, as diferencias coa version orixinal serian menores.--Carronada 20:09, 1 xuño 2008 (UTC)