Conversa:Armada Inglesa

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Creo que sería mellor chamarlle á páxina English Armada, e Armada Inglesa redirixila cara Royal Navy. ¿Que vos parece?--Carronada 23:59, 6 de maio de 2010 (UTC)

Non o creo. A Armada Inglesa foi unha formación concreta que interveu nun momento concreto, mentres que a Royal Navy é o corpo armado marítimo do exército británico (non sei se é esta unha boa definición). En definitiva: cousas distintas en momentos distintos. Xoacas(de laranxa) 01:31, 7 de maio de 2010 (UTC)

Si, pero a denominación oficial inglesa foi "English Armada" e así evitariamos confusións xa que en galego non se di Royal Navy senón "armada inglesa". Saudos.--Carronada 01:04, 9 de maio de 2010 (UTC)

Non o vexo claro. Se queremos empregar o nome (oficial) en inglés, English Armada para unha cousa e Royal Navy para outra; se queremos usar o nome en galego, Armada Inglesa e Armada do Reino Unido. De feito xa hai un par de redireccións establecidas por aí. A ver se alguén máis se anima a dar o seu parecer. Xoacas(unha palabriña doçe) 02:06, 9 de maio de 2010 (UTC)

English Armada é o nome informal que se lle dá a unha frota, como a Armada Invencible, polo que creo é normal que se traduza, Royal Navy é o nome formal da armada británica da súa Maxestade polo que aínda que se pode traducir ten sentido que se deixe na forma orixinal sobre todo se non hai unha tradición de traducilo ao galego e pode haber discusión se traducilo por Mariña Real, Armada Real, Mariña Real do Reino Unido, Armada do Reino Unido ou calquera outra cousa.--Xentenatural 09:09, 9 de maio de 2010 (UTC)