Conversa:Aegean Sea

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Convido a tódolos galipedistas a editar neste artigo para rompe-la excesiva similitude co artigo publicado na Voz esta fin de semana pasada. Demasiadas frases son tradución literal do texto do xornal. A modo de exemplo: [1]. Pedro --Lameiro (conversa) 01:09, 6 decembro 2007 (UTC)

Vaia, estaba amañando nel e non vin a túa mensaxe... Queda algo que se deba mudar máis?--Xabier Cid 01:16, 6 decembro 2007 (UTC)

  • Creo que xa está ben ampliado e referenciado. Teño, pero non atopo, un estudo completísimo sobre as consecuencias sobre as aves dos vertidos de fuel en Galicia. O que será imposible é referencia-las 500 que di a Autoridade competente. Pedro --Lameiro (conversa) 19:05, 6 decembro 2007 (UTC)
    • Saco, xa que logo, esta información do corpo do artigo ata que alguén poida confirmala: "As cifras de animais mortos varían entre as 500 da Mariña Mercante{{Cómpre referencia}}, e as 26.000 segundo os grupos ecoloxistas{{Cómpre referencia}}". Pedro --Lameiro (conversa) 20:39, 10 de novembro de 2012 (UTC)

"un petroleiro de bandeira grega que accidentou na costa da Coruña". ¿Accidentou? ¿Pódese conxugar así este verbo? Pedro --Lameiro (conversa) 11:49, 3 decembro 2009 (UTC)

  • Solucionado. Pedro --Lameiro (conversa) 20:39, 10 de novembro de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Aegean Sea. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 21 de agosto de 2018 ás 22:49 (UTC)[responder]