Conversa:Administrador de base de datos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Traducións[editar a fonte]

Non creo que log se deba traducir por bitácora, pois todo o mundo usa o termo log. Ademáis, penso que bitácora ten outros significados

Por outro lado, non sabería moi ben como dicir timestamp en galego, pero dende logo o de estampas de tempo non o escoitei na miña vida, e xa levo uns anos traballando con bases de datos. ¿Alguén que se lle ocurra un termo en galego máis axeitado? Miguel.lima 20:24, 11 decembro 2006 (UTC)

  • Sempre traducin log por "rexistro". Bitácora semella un castelanismo. Timestamp poderia, talvez, ser "marca horaria" ou "rexistro horario"? Literalmente sería "selo horario" ou "selo coa hora". Xosé (✉) 21:59, 11 decembro 2006 (UTC)

Semella que ambos os dous artigos (castelán e galego) son unha tradución do artigo en inglés. Na miña opinión mesmo na wikipedia en castelán tamén é incorrecto usar bitácora. Concordo con Xosé en traducir logs por rexistros. O problema neste caso é a posible confusión dos termos "record" e "log" por tratarse da mesma palabra (rexistros referido ao contidos da base de datos e rexistros referido ao historial de cambios). No manual de base de datos de Silberschatz, Korth, Sudarshan "Fundamentos de bases de datos" usan rexistro histórico para referirse aos logs. En canto a Timestamp no mesmo manual falan de Marca temporal, noutros sitios teño visto Hora de rexistro. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:53, 11 decembro 2006 (UTC)

Administrador de base de datos é unha categoría oficial debatida e aprobada na Galipedia.[editar a fonte]

No fondo do artigo vese o texto "Administrador de base de datos é unha categoría oficial debatida e aprobada na Galipedia." Evidentemente trata-se dun erro nun modelo. Hai-no que solucionar. --Xosé (✉) 22:03, 11 decembro 2006 (UTC)

Corrixido, cando unha categoría se pon entre chaves inclúe o contido da páxina da propia categoría. A solución é trocar chaves por corchetes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:53, 11 decembro 2006 (UTC)