Administrador de base de datos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Administrador de base de datos (DBA) é a persoa responsable dos aspectos ambientais dunha base de datos. En xeral isto inclúe:

  • Recuperabilidade - Crear e probar respaldos
  • Integridade - Verificar ou axudar á verificación na integridade de datos
  • Seguridade - Definir e/ou pór en funcionamento controis de acceso aos datos
  • Dispoñibilidade - Asegurarse do maior tempo de acendido
  • Desempeño - Asegurarse do máximo desempeño incluso coas limitacións
  • Desenvolvemento e soporte a probas - Axudar aos programadores e enxeñeiros a empregar eficientemente a base de datos.

O deseño lóxico e físico das bases de datos, a pesar de non ser obrigas dun administrador de bases de datos, é ás veces parte do traballo. Esas funcións polo xeral están asignadas aos analistas de bases de datos ou aos deseñadores de bases de datos.

Deberes[editar | editar a fonte]

Os deberes dun administrador de bases de datos dependen da descrición do posto de traballo, corporación e políticas de Tecnoloxías de Información (TI). Polo xeral inclúese a recuperación de desastres (respaldos e probas de respaldos), análise de desempeño e optimización, e algo de asistencia no deseño da base de datos.

Recuperabilidade[editar | editar a fonte]

A recuperabilidade significa que, se se da algún erro nos datos, hai un bug de programa ou de hardware, o DBA (Administrador de base de datos) pode traer de volta a base de datos ao tempo e estado no que se atopaba antes de que o dano se causara. As actividades de recuperación inclúen facer respaldos da base de datos e almacenar eses respaldos de maneira que se minimice o risco de dano ou perda dos mesmos. A recuperación é unha das tarefas máis importantes dos DBA's.

A recuperabilidade, frecuentemente denominada "recuperación de desastres", ten dúas formas primarias. A primeira son os respaldos e despois as probas de recuperación. A recuperación das bases de datos consisten en información e estampas de tempo xunto con bitácoras que se cambian de forma que sexan consistentes nun momento e data particulares. É posible facer respaldos da base de datos que non inclúan as estampas de tempo e as bitácoras, a diferenza reside en que o DBA debe sacar de liña a base de datos no caso de levar a cabo unha recuperación. As probas de recuperación consisten na restauración dos datos, despois aplícanse as bitácoras a eses datos para restaurar a base de datos e levala a un estado consistente nun tempo e momento determinados. Alternativamente pódese restaurar unha base de datos que se atopa fóra de liña substituíndo cunha copia da base de datos.

Se o DBA (ou o administrador) intentan por en funcionamento un plan de recuperación de bases de datos sen probas de recuperación, non existe a certeza de que os respaldos sexan de todo válidos. Na práctica, os respaldos da maioría dos Sistemas de Bases de Datos Relacionais son raramente válidos se non se fan probas exhaustivas que aseguren que non houbo erros humanos ou bugs que puideran corromper os respaldos.

Integridade[editar | editar a fonte]

A integridade dunha base de datos significa que, a base de datos ou os programas que xeraron o seu contido, incorporen métodos que aseguren que o contido dos datos do sistema non se rompa, así coma as regras do negocio. Por exemplo, un distribuidor pode ter unha regra que permita que só os clientes individuais poidan solicitar ordes; á súa vez cada orde identifique a un e só un provedor. O servidor Oracle e outros DBMSs relacionais fan cumprir este tipo de regras do negocio con limitantes, as cales poden ser configuradas implicitamente a través de consultas.

Seguridade[editar | editar a fonte]

Seguridade significa a capacidade dos usuarios para acceder e cambiar os datos de acordo ás políticas do negocio, así coma ás decisións dos encargados. Ó igual que outros metadatos, unha DBMS relacional manexa a seguridade en forma de táboas. Estas táboas son as "chaves do reino" polo cal se deben protexer de posibles intrusos.

Dispoñibilidade[editar | editar a fonte]

A dispoñibilidade significa que os usuarios autorizados teñan acceso aos datos cando o necesiten para atender ás necesidades do negocio. Cada vez máis, os negocios foron requirindo que a súa información estivera dispoñible todo o tempo. A industria de TI respondeu a estas necesidades con redundancia de rede e hardware para incrementar as capacidades administrativas en liña.

Rendemento[editar | editar a fonte]

O rendemento significa que a base de datos non cause tempos de resposta pouco razoables. En sistemas moi complexos cliente/servidor e de tres capas, a base de datos é só un dos elementos que determinan a experiencia dos usuarios en liña e os programas desatendidos. O rendemento é unha das maiores motivacións dos DBA para coordinarse cós especialistas doutras áreas do sistema fóra das liñas burocráticas tradicionais.

Desenvolvemento/Soporte á probas[editar | editar a fonte]

Un dos deberes menos respectados polo administrador de base de datos é o desenvolvemento e soporte á probas, mentres que algúns outros encargados considérano a responsabilidade máis importante dun DBA. As actividades de soporte inclúen a colecta de datos de produción para levar a cabo probas con eles; consultar aos programadores respecto ao desempeño; e facer cambios aos deseños de táboas de maneira que se poidan proporcionar novos tipos de almacenamentos para as funcións dos programas.

Algúns roles do persoal de IT relacionados coa administración de base de datos: