Conversa:Útero

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Neste artigo utilízase "pescozo do útero" que non me parece correcto. Nalgures lin -pero agora non o atopo- que esta forma é un hiperenxebrismo por presupor que colo é un castrapo do "cuello" castelán, e non é así. Colo, co significado do que temos entre a cabeza e os ombreiros é palabra lexítimamente galega e usada sen problemas (Véxase o DRAG). De feito, esta é a única acepción de pescozo no DRAE. Concretando ó colo do útero, creo que esta forma é moito máis correcta (véxase DRAG e Diccionario de termos médicos), co significado de "parte máis estreita dalgúns órganos ou recipientes".

Por outra banda, no texto hai unha frase ("Útero, órgano oco, aplanado, con forma de pera,...") fóra de sitio, repetida do que se di na introdución e que semella se-la definición que daba a fonte da que se quitou o artigo.

Pedro --Lameiro 15:06, 14 setembro 2007 (UTC)

Aviso de CommonsTicker[editar a fonte]

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

ABF eliminou Image:Fem_PG.gif: In category [[:category:Unknown as of 6 February 2008|Unknown as of 6 February 2008]]; no source;

-- CommonsTicker 18:24, 13 febreiro 2008 (UTC)