Conversa:Árbores senlleiras de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dereitos de autor[editar a fonte]

O artigo baséase na listaxe de árbores senlleiras elaborado pola Xunta de Galicia, e polo tanto de dominio público. O artigo simplemente é unha listaxe de clasificación destas árbores, non unha copia da páxina da Consellaría, que de feito cambiou para ser agora máis completa. Poderíase modificar o contido do resto do artigo, mais non é unha simple copia. Este artigo está completado, os nomes das árbores corrixidos e adaptados á nomenclatura da Galipedia, ademais liga coas páxinas de moitísimas especies nas que se ten traballado, polo que retiralo sería unha gran perda para a Wikipedia.Nachonion (conversa) 21 de outubro de 2013 ás 15:02 (UTC)[responder]

O problema é que o texto do artigo está baseado na antiga páxina da Xunta (que lamentablemente xa non está dispoñible) que si ten dereitos de autor. O que habería que facer é redactar de novo o contido baseándose no DOG que xa puxen nas ligazóns externas, ou simplificar o artigo quitando as partes que puideran vir da antiga páxina da Xunta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de outubro de 2013 ás 14:54 (UTC)[responder]
Simplifiquei e cambiei o texto que estaba baseado na antiga páxina da Xunta, ficando soamente a táboa de árbores que aparece no DOG.Nachonion (conversa) 23 de outubro de 2013 ás 10:16 (UTC)[responder]
Moi ben, penso que así xa non hai problema. De tódolos xeitos aínda necesita un repaso porque o apartado Galiza non me ten moito senso xa que o seguinte apartado é a lista completa das árbores. Podería ser unha introdución, que habería que revisar xa que algunhas das frases non dan máis información que a que aparece na lista, pero o nome habería que cambialo ou quitalo non ven a conto poñer Galiza cando é unha lista de árbores de Galiza!:). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2013 ás 11:35 (UTC)[responder]