Control dos pais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Control dos pais.

Os controis dos pais son funcións que poden incluírse nos servizos de televisión dixital, ordenadores e videoxogos, dispositivos móbiles e software que permiten aos pais restrinxir o acceso ao contido aos seus nenos. Estes controis creáronse para axudar aos pais a restrinxir certos contidos que poden ver os seus fillos.[1] Estes contidos poden ser susceptibles de restricción por considerarse pouco axeitados para a súa idade, nivel de madurez ou sentir que está dirixido a un público adulto.[2] Os controis dos pais divídense en catro categorías: filtros de contido, que limitan o acceso ao contido inadecuado á idade; controis de uso, que limitan o uso destes dispositivos, como pór límites de tempo ao uso ou prohibir certos tipos de uso; ferramentas de xestión de uso do ordenador, que obrigan ao uso de certo software; e monitoreo, que pode rastrexar a localización e a actividade cando se usan os dispositivos.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "What is Parental Control Software? - Definition from Techopedia". Techopedia.com (en inglés). Consultado o 2019-10-08. 
  2. "Inappropriate content: protecting your child | Internet Matters". Internet Matters (en inglés). Consultado o 2017-09-03. 
  3. Baumrind, Diana. "Effects of authoritative parental control on child behavior" (PDF). University of California. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de novembro de 2016. Consultado o 7 de novembro de 2013.