Constante Gil Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Constante Gil Rodríguez, nado en Taragoña en 1926 e finado en Valencia o 7 de xuño do 2009[1], foi un pintor galego. Trasladouse á cidade de Valencia no 1948 onde realiza toda a súa produción artística e vital.

[editar] Traxectoria

A súa obra máis coñecida é a serie de «Faladorios de Café» na que retrata á sociedade valenciana dos anos da transición, dentro do desaparecido café valenciano "La Cerveceria Madrid", local que dirixe dende o 1956 ó 2000 e no que crea a popular bebida denominada "Auga de Valencia". (Valencia Noche, Mariangeles Arazo, Plaza y Janes, 1978)

A serie «Faladoiros de Café» define todo un xénero da pintura de interior, onde os protagonistas son faladeiros e asiduos a un bar no que se desenrola grande parte das actividades converxentes dun heteroxéneo grupo humano moi influente nos acontecementos do cambio da sociedade que se esta a producir neses anos. Non se escribe sobre o café, pero escríbese moito dende o café, píntase, fálase, planéase, vívese, e Constante capta esa vida e interprétaa nos seus faladoiros pintados (Galeria Mar29, Galeria Puchol, Francisco Puchol, Valencia).

En xeral, a pintura de Constante pódese describir como apuntes autobiográficos extraidos da memoria dun neno galego de dez anos que é testemuñada morte de seu pai, de profesión pirotécnico, na explosión dos talleres. (Plástica Valenciana Contemporánea, J. Garneria, Promocions Culturals del Pais Valenciá, Valencia 1986)

[editar] Notas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas