Consolidated B-32 Dominator

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Consolidated B-32 Dominator
Tipobombardeiro estratéxico pesado
FabricanteConsolidated Aircraft
Primeiro voo7 de setembro de 1942
Introducido27 de xaneiro de 1945
Retirado30 de agosto de 1945
Principais usuariosUSAAF
Produción1944 - 1945
Unidades construídas118

O Consolidated B-32 Dominator (Consolidated Model 34) foi un bombardeiro estratéxico pesado estadounidense fabricado para as Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos (USAAF) durante a segunda guerra mundial, que tivo a distinción de ser o último avión aliado en combate durante o conflito; nese enfrontamento produciuse tamén a última morte estadounidense en combate aéreo da guerra. Foi desenvolvido por Consolidated Aircraft en paralelo co Boeing B-29 Superfortress como un deseño alternativo no caso de que o B-29 non tivese éxito.[1] O B-32 chegou a unidades no Pacífico a mediados de maio de 1945, e polo tanto só combatiu de xeito limitado contra os xaponeses antes do final formal da guerra o 2 de setembro dese ano. A meirande parte dos pedidos do B-32 canceláronse pouco despois e tan só 118 B-32 unidades foron construídas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jones 1974, p. 106

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jones, Lloyd S. U.S. Bombers: B-1 1928 to B-1 1980s. Fallbrook, California: Aero Publishers, Inc., 1974. ISBN 0-8168-9126-5.