Conferencia maxistral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha conferencia maxistral é unha disertación dada por unha persoa coñecida ou importante. O contido da conferencia non ten que ser estritamente brillante, ben estruturado ou baseado nunha investigación profunda. Basta con que un político importante, un empresario recoñecido ou un escritor famoso convoque a súa conferencia, para que os medios de comunicación a cualifiquen como tal.

Ultimamente cualifican as conferencias como maxistrais antes de ser presentadas, pero isto é incorrecto. O cualificativo dásellese á expresión despois de que se expuxo ao público. Non podemos dicir que unha conferencia é maxistral sen habela escoitado, polo que a conferencia que se presentará no futuro non poderá nunca ser cualificada como maxistral. Ao escoitar os comentarios dos presentes logo da disertación será válido o cualificativo que ofrezan, polo que neste momento si poderemos dar o aval de que foi ou non maxistral. Nesa mesma orde, a conferencia que se vai presentar en secuencia ao día seguinte (por exemplo) non poderá chamarse "conferencia maxistral" xa que, non saberemos o seu resultado en canto a se causou sensación ou non, e se o manexo do presentador foi o desexado.

Unha conferencia maxistral é un evento onde unha persoa expón un tema específico e a duración vai de 30 a 90 minutos. Se é máis longa podería tomarse como "seminario" ou "minicurso" e, se é de menos tempo podería ser considerada como unha "charla". O ideal son 50 minutos. Nunha conferencia maxistral non necesariamente os asistentes fan preguntas. Dependendo da cantidade de persoas, da dinámica do conferenciante e do tempo, podería suceder que houbera comentarios do público. Un punto importante é comprender que unha conferencia maxistral non vai a educar aos asistentes. Unicamente vainos a inspirar para que despois eles continúen.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]