Confederación Gaya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os tres reinos. Silla, Baekje e Gaya.

A Confederación Gaya (tamén chamada "Garak" e "Gara") foi un estado menor da península de Corea, no val do Nakdong, na época denominada dos "Tres Reinos" (primeiros séculos da nosa era). Estes reinos eran Silla (ou Shilla), Goguryeo, e Baekje.

Consistía nunha confederación de moitos estados controlados por un xefe local co título de "Wang" (Rei). Orixinalmente foron nove, mais coñécense só algúns como Geumgwan (Bon) Gaya, ou Dae (Mioyama) Gaya. Tivo unha existencia autónoma entre o 42 e o 532, ano no que foi absorbida por Silla. Pouco máis se sabe acerca de Gaya (etnia, política, feitos, cronoloxía, etc.).

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo o mito das súas orixes lendarias, un cofre con seis ovos descendeu do ceo, dos que naceron seis xigantes, que se converteron nos novos gobernantes de Gaya. O maior foi Gim Suro. Este, despois de consolidar o seu poder e da construción da súa capital, casou coa princesa india Heo Hwangok, que fora enviada por orden celestial ao seu país. A raíña soñaba cun oso e deu a luz ao príncipe herdeiro Godeung. É confuso o mito da orixe da dinastía: se descende de Gim Suro ou do oso macho que a raíña atopou no seu soño.