Concatenación
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa lingüística que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
En estilística, a concatenación é unha figura consistente en repetir continuadamente a anadiplose
En gramática xerativa, a concatenación é un sinal (+) que indica que nunha regra de reescrita os elementos constituíntes están encadeados uns nos outros nunha orde fixada pola fórmula. Por exemplo, na regra
- SN → D + S
o sinal + indica que o sintagma nominal debe ser convertido polo determinante contatenado ao substantivo, núcleo do sintagma nominal.
Cando nunha regra de reescrita un constituinte facultativo está concatenado a un elemento constituinte obrigatorio, a concatenación dos dous elementos indícase pola simple xustaposición. Por exemplo, a regra
- Aux → Tpo (Perf) (M) (Perf)
indica que os constituintes Tempo, Perfecto, Modo e Perfecto están concatenados, sendo o constituinte Tempo o único obrigatorio.