Club Voleibol J.A.V. Olímpico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Club Voleibol J.A.V. Olímpico (por Jóvenes Aficionados al Voleibol) é un equipo de voleibol da cidade de As Palmas de Gran Canaria, Canarias (España). Foi fundado en 1988. O equipo sénior feminino conseguiu o ascenso á Superliga, a máxima categoría do voleibol español, na tempada 2003-04. Contra a tempada 2009-10 fusionouse co Club Voleibol Las Palmas e tomou o nome de C.V. Las Playas de Gran Canaria. Anteriormente competiu como Ciudad de Las Palmas de Gran Canaria, na tempada 2005-06 como Maspalomas Costa Canaria, na 2006-07 Mazotti, 2007-08 Grupo IBSA, 2008-09 Caja de Canarias e 2009-10 Playa de Las Canteras.

A pesar do descenso da tempada 2007-08 mantivo a categoría pola renuncia do ascendido equipo de Torrelavega (Cantabria Infinita). Na tempada 2009-10 eludiu novamente o descenso e mantívose na Superliga grazas aos problemas económicos que fixeron renunciar a varios equipos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]