Cleopatra Stratan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cleopatra Stratan é filla do cantante moldavo Pavel Stratan. Con tan só catro anos esta nena romanesa conseguiu, en menos de 10 meses, colocar o seu single Ghita no número un das listas de vendas do seu país Romanía e ameaza con repetir o seu éxito no resto de Europa, despois de que o seu primeiro videoclip recibise máis de millón e medio de visitas en YouTube.

Cleopatra ten tres nominacións para os premios MTV de Romanía, á mellor canción, ao mellor álbum e á mellor artista revelación. Foi o pasado verán cando contaba con tan só tres anos e publicou o seu primeiro disco en solitario, La varsta de tre ani ("Á idade de tres anos"), do que vendeu máis de 130.000 copias.

Tamén ofreceu o seu primeiro concerto ante 400 persoas cunha duración de dúas horas, no que ademais de actuar fixo de presentadora, o que foi considerado por moitos como un claro caso de explotación infantil. Segundo Libertatea, un diario romanés, por cada canción interpretada en directo cobraba 1.000 euros, un diñeiral para un país no que o soldo mensual medio é de 300 euros.

Ante as críticas suscitadas sobre se Cleopatra era explotada polo seu entorno, Pavel Stratan anunciou, a finais de 2006, que a súa filla non volvería aos escenarios nun ou dous anos, momento no que publicase o seu seguinte álbum.

A pesares do parón voluntario, o fenómeno Cleopatra Stratan non ten freo e xa traspasou fronteiras grazas a webs como YouTube, onde máis de un millón e medio de usuarios xa viron o videoclip de "Ghita" -que pode traducirse como "Xurxiño"-, no que Cleopatra, cun look dos sesenta e unha gran maleta vermella na man, espera a Ghita na rúa.


Disco: La varsta de tre ani[editar | editar a fonte]

  • 1.- Guita
  • 2.- Catu
  • 3.- Te-am Intalnit
  • 4.- Sansa
  • 5.- Noapte Buna
  • 6.- Surprize
  • 7.- Numar pan' la unu
  • 8.- Mama
  • 9.- De Ce
  • 10.- Zuzu-zuzu
  • 11.- Oare Cat
  • 12.- Pasarea Pistruie


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]