Clash of Clans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Clash of Clans
Desenvolvedor(es)Supercell
Versión13.369.9
Lanzamento2 de agosto de 2012 e 7 de outubro de 2013
XéneroSimulación
Modos de xogoUn xogador, multixogador
Clasificación USK
Plataforma(s)Android, iOS
RequisitosiOS 9.0.0 o versión superior (iPhone, iPad e iPod Touch).
Android 4.2.2 o versión superior.
É requirida unha conexión de rede.
SerieXogos de Supercell
Na rede
Páxina oficial
IMDB: tt6318978 Facebook: clashofclans Twitter: clashofclans Instagram: clashofclans Youtube: UCD1Em4q90ZUK2R5HKesszJg TikTok: clashofclans Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Clash of Clans, tamén coñecido CoC é un videoxogo de estratexia e de construción de aldeas en liña, para dispositivos móbiles con plataformas de IOS e Android. Lanzado o 2 de agosto de 2012, foi creado por Supercell,[1] compañía de videoxogos con sede en Helsinqui, Finlandia.

O xogo foi lanzado para a plataforma iOS o 2 de agosto de 2012. O 30 de setembro de 2013 foi lanzado para Android.[2]

Funcionalidade[editar | editar a fonte]

Clash of Clans é un videoxogo de estratexia multixogador ou dun xogador no que o usuario debe construír unha aldea (nunha cuadrícula de 44x44), adestrar tropas e elaborar feitizos para atacar outras aldeas de xogadores en liña ou a campañas dun xogador chamadas "os trasnos" onde se conseguen recursos sen gañar nin perder trofeos, para conseguir ouro, elixir e elixir escuro, que pode usarse para protexerse de ataques inimigos, adestrar e mellorar as tropas. Tamén poden crearse clans onde se poden unir diferentes xogadores en liña para axudarse mutuamente doando tropas no castelo do clan e facendo guerras de clan con estes xogadores en liña.

Acollida[editar | editar a fonte]

Puntuacións de críticas
Publicación Cualificación
Metacritic 74/100[3]
3djuegos 8.8/10[4]
148Apps 4.5/5 estrelas[5]
Gamezebo 4/5 estrelas[6]
Modojo 3/5 estrelas[7]
Pocket Gamer 4.5/5 estrelas[8]

Clash of Clans recibiu na súa maioría boas críticas e foi moi exitoso para Supercell, xa que xunto ao seu outro xogo, Hay Day, a compañía finlandesa conseguiu 770 millóns de dólares, xerando 2,4 millóns ao día.[9] Na Google Play ten unha recepción[10] de 4,5 sobre 5 e na App Store ten unha recepción[11] de 4,7 sobre 5.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Supercell, así é a nova empresa rompedora en videoxogos móbil". Xataka Móvil (en español). 21 de xaneiro de 2014. Consultado o 11 de xullo de 2020. 
  2. "Clash of Clans". MeriStation (en español). 13 de xaneiro de 2020. Consultado o 11 de xullo de 2020. 
  3. "Clash of Clans (iOS)". Metacritic (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2020. 
  4. "Análise de Clash of Clans". 3djuegos (en español). Consultado o 11 de xullo de 2020. 
  5. "Análise de Clash of Clans". 148Apps (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2020. 
  6. "Análise de Clash of Clans". Gamezebo (en inglés). 7 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2020. Consultado o 11 de xullo de 2020. 
  7. "Análise de Clash of Clans". Modojo (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 11 de xullo de 2020. 
  8. "Análise de Clash of Clans". Pocket Gamer (en inglés). 18 de decembro de 2012. Consultado o 11 de xullo de 2020. 
  9. "Supercell é unha nova startup de $ 770 millones e xenera $ 2.4 millones por día" (en inglés). 17 de abril de 2013. Consultado o 11 de xullo de 2020. 
  10. "Clash of Clans en Google Play". Consultado o 11 de xullo de 2020. 
  11. "Clash of Clans en App Store" (en español). Consultado o 11 de xullo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]