Clara Cid Bengoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaClara Cid Bengoa
Biografía
NacementoVerín Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira de camiños Editar o valor em Wikidata

Clara Cid Bengoa, nada en Verín, é unha enxeñeira galega. En 2021 foi galardoada polo Grupo de Deseño e Estruturas Aeroespaciais do Instituto Americano de Aeronáutica e Astronáutica (AIAA).[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Clara Cid estudou enxeñería de camiños, canais e portos na Universidade da Coruña. É alumna do programa de Doutoramento de Enxeñaría Civil da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos e investigadora do Grupo de Mecánica de Estruturas da Universidade da Coruña.[2]

Premios e Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2014, obtivo o premio Puentes polo proxecto: Pasarela peonil sobre o río Miño, entre Goián e Vilanova de Cerveira.[3]

En 2021, recibiu o “2021 SwRI Student Paper Award in Non-Deterministic Approaches” no Foro AIAA SciTech, polo seu artigo titulado “Probability-Damage approach for Fail-Safe design Optimization under Aleatory Uncertainty (β-PDFSO)”.[2][4]

En 2022, recibiu o "2022 Lockheed Martin Student Paper Award in Structures", no Foro AIAA SciTech, polo seu artigo titulado "Fail-safe design optimization of an aircraft fuselage-wing section using the DamageCreator software".[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Clara Cid Bengoa: la ingeniera premiada por la aeronáutica de EEUU que diseña estructuras seguras para aviones". Influyentes Cantabria (en castelán). 2021-02-16. Consultado o 2021-02-20. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "A alumna de Doutoramento en Enxeñaría Civil Clara Cid Bengoa, premiada no Foro SciTech do Instituto Americano de Aeronáutica e Astronáutica". udc.es. Consultado o 2021-02-20. 
  3. "Excelencia de estudiantes -" (en castelán). Consultado o 2021-06-01. 
  4. Miranda, Carlos (2021-01-23). "Por aviones seguros, hoy y mañana". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2021-02-20. 
  5. "La aeronáutica de Estados Unidos premia a una investigadora gallega". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-01-16. Consultado o 2022-01-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]