Crónica lusitana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Chronicon Lusitanum»)
Crónica lusitana
Título orixinalChronicon Lusitanum, Gothorum Chronica
OrixeReino de Portugal
Lingualingua latina
Xénero(s)crónica
Data de pub.século XII
ISBNISBN
editar datos en Wikidata ]

A Crónica lusitana (coñecida como Chronicon Lusitanum e cuxo título orixinal era Chronica/Chronicon Gothorum), é unha crónica da historia de Portugal desde as primeiras migracións dos visigodos (que data no ano 311) ata o reinado do primeiro rei de Portugal, Afonso I (11391185).

Características[editar | editar a fonte]

As entradas da crónica, ordenadas por anos e datadas en Era hispánica, son cada vez máis longas e a maior parte do texto trata sobre o reinado de Afonso. O título convencional da crónica significa "crónica lusitana (é dicir, portuguesa)" ou "crónica dos godos".

Foi publicada por primeira vez polo editor Enrique Flórez, quen rexeitou o título baixo o que fora editado anteriormente (Gothorum Chronica) pola súa temática.[Citas 1] Flórez tamén afirma que o manuscrito do Chronicon fora utilizado anteriormente por André de Resende, o primeiro arqueólogo de Portugal, e Manuel Severim de Faria, o primeiro xornalista de Portugal; tamén foi editado no terceiro volume da Monarchia Lusitana de António Brandão (1632).[Citas 2]

Edicións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hanc praeferimus titulum, potius quam Gothorum Chronica, sub quo editum; quoniam de rebus in Lusitania gestis, non de Gothorum Regibus, tota illi cura est. (en galego: Preferimos este título, antes que a Crónica dos godos, baixo a que foi publicada; xa que está enteiramente preocupado polas cousas feitas na Lusitania, non polos reis dos godos).
  2. Chronicon Lusitanum quo olim manuscripto Resendius et Faria sunt usi: editum Tomo III Monarchiae Lusitanae (en galego: A Crónica Lusitana, que Resendius e Faria usaron no seu manuscrito: publicouse no Tomo III da Monarquía Portuguesa).