Chinatsu Matsui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaChinatsu Matsui
Nome orixinal(ja) 松井千夏 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Kawasaki, Xapón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaKawasaki Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónNippon Sport Science University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de squash Editar o valor em Wikidata
DeporteSquash Editar o valor em Wikidata
Participou en
2014Jogos Asiáticos de 2014 (pt) Traducir
2010Jogos Asiáticos de 2010 (pt) Traducir
2006Jogos Asiáticos de 2006 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Chinatsu Matsui, nada o 8 de agosto de 1977 en Kawasaki, é unha xogadora de de squash xaponesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na súa cidade natal e acabou os estudos de secundaria en Toquio e nesa cidade ingresou na Universidade de Ciencias Depotivas Nippon. Na escola e no instituto xogou ao voleibol e foi na universidade cando principiou a xogar ao squash[1]. Chinatsu Matsui participou de 2001 a 2010 no PSA World Tour e logrou un título, o Open da China de 2009 ao bater a surcoreana Song Sun-mi por 11-8, 7-11, 11-4 e 11-4[2]. A súa mellor clasificación mundial foi no posto 50 en setembro de 2007. Participou coa selección nacional xaponesa nos campionatos do mundo de 2002, 2004, 2006, 2008 e 2012 e catro veces nos Xogos de Asia entre 2002 e 2014 e nos Xogos do Mundo en 2009. Foi campioa do Xapón catro veces entre 2001 e 2008 antes de deixarlle o seu título a Misaki Kobayashi [3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Athletics and English: Chinatsu Matsui". Evidus. 
  2. "China Open 09". Squash Site. 1 de novembro de 2009. 
  3. "Misaki Kobayashi – The squash star gets ready to defend her All-Japan title". Metropolis Japan. 20 de decembro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]