Chevrolet Camaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chevrolet Camaro 1967

O Chevrolet Camaro é un automóbil deportivo producido polo fabricante estadounidense Chevrolet. O Camaro xurdiu como resposta de General Motors ó seu rival máis digno durante esta época: o Ford Mustang. No 1970, en plena era dos muscle cars e pony cars, Chevrolet presentou este modelo en tres versións, o 350, o Z-28 e o Super Sport (SS). Este último contaba cun motor gasolina de 5,7 litros similar ó do Chevrolet Corvette pero con denominación menor xa que estaba feito para a clase de norteamericano apaixonado pola velocidade, ca idea de corre o domingo e vende o luns. Esta tradición continuou a pesar da gran decadencia a mediados dos anos 70, ca subida do prezo dos combustibles.

Este modelo fíxose famoso nas carreiras IROC-NASCAR, a NHRA (National Hot Rod Association) e os tradicionais cuartos de milla.

A súa produción fíxose máis en serie converténdoo nun automóbil corrente para 1990, a lenda resucitou co seu pintoresco 30 aniversario e despideuse no 2002 cunha gran historia.

Futuras versións[editar | editar a fonte]

Chevrolet está actualmente traballando nunha nova xeración que sería lanzada ó mercado en 2009.

Chevrolet Camaro Concept

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Chevrolet Camaro