Charleston Big Band

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Charleston Big Band
OrixePadrón, A Coruña, Galicia Galiza
Período1984 - actualidade
Xénero(s)Orquestra
Na rede
charlestonbigband.es

Charleston Big Band é unha das orquestras de variedades máis importantes de Galicia, xunto a outras como París de Noia, Panorama ou Los Satélites.

Foi fundada no ano 1984 por un grupo de amigos integrantes da Banda de Música Municipal de Padrón que decidiron adicarse á música profesionalmente. En 2013 estaba formada por catorce músicos, un técnico de son, un técnico de iluminación e un equipo de montaxe e transporte.

Desenvolven a súa actividade por verbenas, salas de festas, sociedades culturais e televisión, entre outros. Contan para actuar nas verbenas cun dos escenarios móbiles máis grandes da Península Ibérica e un gran despregamento de luz e son.[Cómpre referencia]

Compoñentes 2019[editar | editar a fonte]

  • Rita Barreiro (voz)
  • Juanma Noya alias Takito (voz)
  • Lucía Rivada (voz)
  • José Ángel Albán (voz)
  • José Antonio Santana (voz)
  • Jesús Lapido (voz e percusión)
  • Juan Carlos Méndez (saxos)
  • Suso Aboy (guitarras)
  • Paco Floriani (baixo)
  • Adrián Aragunde (batería)
  • Ángel Martínez (teclados)
  • Juan Carlos Torres (saxos, frautas)
  • Marcos (trompeta)
  • Lázaro Daniel Cardoso (trompeta)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]